Toponimia do Val do Fragoso

79 A Terra da rúa da Chan cando nos diriximos ao San Cibrán, xusto ao pasar A Fonte da Xabalouca, encravada entre as fortes pendentes do Galleiro ao leste e As Cunchadas ao norte e oeste, recibe o nome de Os Chans de Abaixo . Na actualidade son campos empregados fundamentalmen- te para apacentar cabalos. Tamén son coñecidos como Os Campos dos Chans . No monte do San Cibrán, entre A Coutada das Señoras e O Pinal do Dios, se circulamos pola pista da Fraga dende a estrada das Plantas cara á Fraga, unha vez que pasamos o desvío do Camiño das Valadiñas, teremos A Coutada dos Chans á nosa esquerda, pouco antes de cruzarmos o rego que augas abaixo se converterá no río de Eifonso. Podemos observar como hai unha zona onde a forte penden- te se reduce e se debuxa unha pequena chaira no terreo. Por último, documentamos a Encrucillada dos Chans, desembocadura do camiño da Bouzafría na rúa do San Cibrán. Na fala emprégase en realidade o castelanismo cruce ( O Cruce dos Chans ). D epresións Buraca, A A forma feminina buraca ou burata (–> Buraco, Muíño do) fai refe- rencia a un buraco grande, aínda que hai puntos de Galicia onde se emprega para designar lugares onde se extrae arxila. No Lameiro, os pés da cara sur do Alto da Torre aparecía este pe- queno fondal, modificado agora en gran medida polo trazado da aveni- da de Madrid e o enterramento das instalacións de Fenosa. Abrangue o núcleo de casas e campos que se atopan a continuación, en dirección ao Porriño, das devanditas instalacións e unha pequena parte delas, as naves situadas na beira oposta, e o trazado da avenida que as separa. En Miraflores atopamos A Buraca , tamén coñecida como A Buraca do Pavero, por ser o lugar en que vivía o home que recibía este alcume e que os seus descendentes conservan no nome dun establecemento alí situado. Sitúase no camiño da Viña Grande, á man dereita logo de pasar a entrada ao camiño de Miraflores. A Buraca aparece no Catastro de Ensenada como unha das moitas propiedades de Pasqual González, veciño do San Cibrán. Se temos en conta que ningunha das súas terras pertencen ao barrio de Baruxáns, é moi probable que a referida Buraca

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==