Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 78 Mentres noutras zonas de Galicia existe unha diferenza entre as formas masculina e feminina (o chao/a chá), no galego occidental a distinción márcase unicamente co artigo e así atopamos, como ocorre no caso de Bembrive, O Chan (aquí no plural Os Chans ) e A Chan, aínda que a toponimia oficial os fixese desaparecer englobándoos baixo a deno- minación de Chans . Unha auténtica atrocidade, porque sen artigo non se sabe se Chans é masculino ou feminino. Esta imposición, así a todo, non é recente, posto que unha veciña do San Cibrán, de máis de oitenta anos de idade, lembra como xa cando ía á escola da Chan lles obriga- ban a escribir Chans . É un orónimo transparente, que designa a presen- za dun terreo sen desniveis, tanto na forma feminina como masculina, malia que no primeiro caso o significado é un pouco máis específico e refírese a un terreo sen desniveis, pero situado a certa altura, no cumio ou na ladeira dun monte. A Chan é un barrio situado practicamente no centro xeográfico da parroquia. Considérase A do Soriano como o lugar onde comeza o ba- rrio, que se estende cara ao leste ata extremar co de Xestoso, do que o separa o río da Regada ou da Candea. Ao sur limita co San Cibrán e As Remesiñas marcan a súa estrema por poñente co Carballal. O seu nú- cleo central recibe o mesmo nome e ocupa a chaira existente entre as Remesiñas, que quedan aos seus pés, e o cordón montañoso formado polo Crasto, as Millaradas e o Galleiro que a pecha polo sur. Enténdese que é precisamente esta chaira a que deu nome ao lugar e ao propio barrio. Cunha altura de douscentos trinta e dous metros, O Coto da Chan é o alto que nos queda á man dereita cando ascendemos pola rúa cha- mada A Subida a Chans, logo de tomar a curva que rodea a dos Poréns e xusto antes de saír á rúa da Chan, fronte ao camiño da Candea. Outros topónimos con Chan son A Coutada da Chan situada no final do camiño dos Ameales, nas Remesiñas. A Escola da Chan , an- tiga escola, que estaba situada na última casa que hai entrando polo Camiño da Candea dende a rúa da Chan. Foi escola mixta ata que as nenas foron enviadas á escola de Paio. A Fonte da Chan, nome co que era coñecida tamén A Fonte da (–>) Xabalouca. Os Chans, lugar do barrio da Chan que comeza na curva da Xabalouca e se estende a un lado e outro da rúa do San Cibrán ata estremar con estoutro barrio no coñecido como O Cruce dos Chans. A chaira semicircular (aínda que cunha lixeira inclinación cara a poñente) que aparece á man dereita
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==