Toponimia do Val do Fragoso

77 A Terra A Fraga Fragata, A Posible derivado de fraga , aínda que mediante un sufixo estraño, quizais condicionado pola interferencia coa palabra de uso común fra- gata , nome de certa clase de embarcación. Franco Grande recolle este termo na segunda edición do seu Diccionario galego–castelán co signi- ficado de ‘fondal’ ( DdD s.v.). Terreo a monte situado pola parte de arriba do Campo das Cebolas, na dos Portugueses, no final do camiño que parte da rúa da Chan, entre os números 77 e 87. Atópase realmente nun pequeno fondal respecto aos terreos máis abruptos do arredor. C hairas Chan Procede do latín planu ou plana , por palatalización do grupo pl – ini- cial a ch –, fenómeno característico no proceso de formación do galego.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==