Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 76 Aparecen tamén outros que si continúan vivos na actualidade como «os chans en la fraga», «a castiñeira en la fraga», ou «tojal da fraga en la campaceira». Así como antigamente se abandonaron as vivendas que alí había, nun pasado máis recente abandonáronse tamén as terras de cultivo e poulos quedando todo o terreo a monte. Tan só sabemos que O Chan da Fraga era unha planicie que se ato- paba dirixíndose a Beade dende As Casas Vellas. Podería corresponder coa existente a medio camiño entre as devanditas casas e o parque fo- restal de Beade. Os Poulos da Fraga (A Fraga) estaban fronte ao camiño de Fonte Fría. O antigo poboado medieval existente na Fraga coñecíase como As Casas Vellas da Fraga , situado a algo máis de cincocentos metros da ca- pela do San Cibrán; se seguimos polo sendeiro do Eifonso, atoparémolo pouco despois de cruzar a pista da Fraga, continuando ladeira arriba. Existen diferentes lendas ligadas a estas casas, sobre todo relacionadas cos seus últimos habitantes. Hai quen di que a última habitante foi unha muller que vivía alí soa e ía a Vilariño (Zamáns) a fiar nos seráns, pero hai outras versións que falan dunha parella nova. Un día, cando o home estaba fóra, a muller deu a luz, pero morreu no parto. Cando o home volveu, atopouna morta pero co neno aínda vivo, así que o colleu e marchou a vivir a Xestoso. Dise tamén que logo se miraban luces na Fraga, que non cesaron ata que a familia do último ocupante veu de xeonllos dende a Fraga ata a igrexa de Bembrive. Cóntase tamén que houbo unha ocasión en que A Fraga foi saqueada por «homes que viñan en mulas», o que se refería quizais á época da invasión francesa. Neste contorno, unha veciña do San Cibrán lembra a existencia dun topónimo As Presas da Fraga , pero non a súa situación exacta. Parece que, en todo caso, non se atopaban moi lonxe das casas.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==