Toponimia do Val do Fragoso
75 A Terra apenas quedan os restos dos muros que pouco a pouco van sendo cu- bertos pola vexetación. Estas vivendas foron ocupadas ata principios do século vinte, de xeito que aínda atopamos na parroquia veciñas e veciños que lembran como antepasados seus viviron alí. No Catastro de Ensenada rexístranse, no ano 1752 , catro vivendas na Fraga: as de Antonio Miguez, Juan Bendaño 27 , Manuel Méndez e Pedro de Otero, tantas como había na Xesteira e máis que noutros enclaves como As Casas Vellas (3) ou A Pedrosa (2). Case cen anos despois, en 1846, había aínda unha máis (cinco), das que eran titulares: Juan Gómez, Andrés Pérez, Miguel Bugarín, Domingo Bugarín e Ana M.ª Avenda- ño. Pero sabemos ademais, grazas ao libro da Cofraría de las Benditas Ánimas del Purgatorio , que no ano 1820 había na Fraga un mínimo de catorce habitantes, xa que este é o número de confrades, homes e mulleres, que nel se recollen. Sinais de habitación humana atopámolas tamén nalgún dos topónimos que aparecen no propio Libro de afane- gados como «as airas da fraga» e «encima das eiras en la fraga» posto que a aira , ou eira , é o sitio chan feito de terra firme ou de pedra, onde se mallan os cereais, se botan a secar os legumes etc. Pero aparece tamén o topónimo Pardiñeiro, «o pardiñeiro en la fraga», o que, tendo en conta o seu significado ‘edificio en ruínas e deshabitado’, indícanos que xa no ano 1846 existían na Fraga ruínas de vivendas anteriores. Malia que o de Pardiñeiro continúa vivo, hai moitos outros topónimos asociados á Fraga recollidos no Libro de afanegados dos cales xa non atopamos rastro no presente como son o propio «as airas 28 da fraga», ou outros como «el abierto da fraga», «aveleiral en la fraga», «besadas en la fraga», «campo de abajo en la fraga», «campo grande na fraga o souto da pascua», «a cancela en la fraga», «o cocho en la fraga», «cou- tada do outeiro en la fraga», «coutada da regada en la fraga», «dehesa da faciada o coutada vella en la fraga», «dehesa de eifonso en la fraga», «o eido vello en la fraga», «a fonteliña en la fraga», «Jestal en la fraga», «o pereiriño en la fraga», «pasto de pereiriño o fraga», «a regueira en la fraga», «a reja en la fraga», «o porto de afuera en la fraga» e «robles en la fraga o carballiños». 27 Posible alteración gráfica de Avendaño . 28 A forma esperable en Bembrive sería eira e non aira, polo que a súa aparición se pode deber a un erro de transcrición, ao feito de que o escribán fose foráneo, posiblemente ourensán, ou quizais a un intento de castelanización.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==