Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 74 serradoiro que aquí había. Lembran as veciñas a presenza no camiño dun penedo grande que na actualidade forma parte do muro dunha das coutadas. Situado nas Crebadas, case debaixo do viaduto da AG–57, O Muíño das Crebadas , malia que na actualidade está en estado ruinoso, aínda se pode apreciar parte do cubo, formado por aneis de pedra enteiros e superpostos, algo que na parroquia só atopamos no tamén arruado Muíño do Pouso. Non aparece no Catastro de Ensenada , pero si profu- samente no Libro de afanegados , como «molino das Quebradas». Figu- ra tamén nun documento de 1802, entre os bens de Jose Costas (–>A Ribeira) un «molino nuevo en el sitio de las Quebradas». Isto sitúa a súa construción entre o ano 1752, cando aínda non consta rexistrado entre os muíños da parroquia, e 1802, só cincuenta anos despois, cando o atopamos ademais coa especificación de «novo». Máis arriba do muíño houbo un serradoiro hidráulico hoxe totalmente desaparecido e coñe- cido como A Serra de Calderón. As formas alternativas de Quebradas , Querbadas e Cobradas empréganse tamén para referirse ao muíño ou ás coutadas. Localizadas antigamente pola parte de arriba do muíño, As Presas das Crebadas utilizábase, cando había moita auga, como presas de reserva, de xeito que se pechaban as do Ripanso e se gardaba a auga nelas. Fraga, A Fraga está emparentado co latín clásico frangere ‘romper, crebar’, polo que orixinariamente designaba lugares pedregosos e de orogra- fía abrupta e só secundariamente adquiriu o significado de bosque, en particular de bosque mesto e dificilmente transitable. De feito, fraga ten tamén a acepción de ‘pedra grande enterrada, que asoma á superficie’, e un terreo fragoso , apelativo que deu nome ao val onde nos atopamos, é un terreo ‘abondoso en penedos, crebas e desniveis pronunciados, polo que o paso é difícil’. É o monte situado no extremo sur–suroeste da parroquia de Bem- brive, pertencente ao barrio do San Cibrán. Malia que unha parte del é monte comunal de titularidade da (Entidade Local Menor de Bem- brive), a maioría da superficie é de propiedade privada, dividida en coutadas. Dentro da Fraga atopamos As Casas Vellas da Fraga , núcleo de vivendas habitadas xa na época medieval das que na actualidade
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==