Toponimia do Val do Fragoso

73 A Terra pregado para cocer o pan no forno de leña. Non aparece no Catastro de Ensenada (1752) nin no Libro de afanegados (1846), o que non indica que sexa un topónimo recente, xa que nestes documentos lembremos que só se rexistraban as propiedades privadas. Costeira, A Adxectivo derivado de costa , significa ‘en pendente’ (–> A Costa). Trátase dun terreo en pendente situado por debaixo da Pitoqueira, na Cruz. Empregado tamén en plural, As Costeiras . Crebadas, As Crebado ou crebada é un ‘terreo con moitos e pronunciados desni- veis’. É o participio do verbo crebar, procedente do latín crepare ‘rom- per con ruído’. Quebrada e Querbada son resultados alternantes da forma orixinaria Crebada por metátese do –r, a primeira favorecida polo castelán quebrar . O xurdimento da forma Cobrada explícase pola labialización da vogal átona – e – ante consoante labial (b) ( quebrada / cobrada ao igual que levada / lovada ). Son realmente As Crebadas un lugar de marcados desniveis, xa que están situadas na marxe dereita do río de Eifonso ou río do San Cibrán, no seu tramo de cabeceira, moi preto do nacemento, onde discorre aín- da fortemente encaixado. Se dende a capela do San Cibrán seguimos o curso do río augas arriba, As Crebadas son as coutadas e monte que nos quedarán á man esquerda ao pasar por debaixo do viaduto da au- toestrada do Val Miñor (AG–57). Aínda que no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados a única forma rexistrada é «As Quebradas», tal como aparece tamén nun foro do ano 1802 (–> Capela do San Cibrán), na actualidade é maioritario As Crebadas, aínda que se mantén viva a forma As Quebradas e mesmo unha terceira forma As Cobradas , que aparecía tamén no catastro. Finalmente, por metátese do – r – en Que- brada, escóitase tamén a forma As Querbadas . Situadas un pouco máis arriba da antiga Serra de Calderón, pasando por debaixo da ponte, están As Coutadas das Crebadas, pedras, empre- gadas como lugar de descanso logo de cachar. O Camiño das Crebadas leva ás Coutadas das Crebadas, ao muíño, e posiblemente antano ao

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==