Toponimia do Val do Fragoso
71 A Terra Costa, A / Costas As Do latín costa ʻ costela; costado’. É palabra de uso común emprega- da para designar camiños, ou outras vías, situados nun terreo en pen- dente. Ao igual que ocorría en lombo , estamos ante un uso metafóri- co do termo que procede da identificación dun accidente orográfico cunha parte do corpo humano, neste caso as costas, pola curvatura que describen. Costa ten moita presenza na toponimia viaria ( A Costa da Peteta , A Costa da Pedrosa , A Costa do Bica ), pero ademais, se te- mos unha costa que atravesa un terreo determinado, é moi fácil que o topónimo se estenda ás terras do redor, aparecendo así o topónimo A Costa aplicado a realidades non viarias. Tampouco podemos esquecer a posibilidade da orixe antroponímica do topónimo, posto que Costa , Dacosta e Costas son apelidos típicos da zona de Fragoso. Franxa de forte pendente que, dende a marxe esquerda do chamado Camiño da Ribeira, se estende cara ao norte máis aló do río do Xalón. O pronunciado desnivel, de aproximadamente o 30 %, convértea nun- ha barreira visible dende diferentes puntos da parroquia, especialmente dende a zona das Pedrás, Pozos, etc. Forman, polo tanto, parte das Costas os campos que atopamos á man esquerda cando subimos polo camiño da Ribeira e que van caer sobre os Campos da Regadiña. E no final do camiño, á man dereita, temos aínda A Costa do Luciano (terreo cunha casa construída) e un pouco máis adiante A Costa da Cascarra- ñota , que dará paso xa un pouco máis adiante á Castiñeira, conforme nos diriximos cara á Mandada. Na outra marxe do río do Xalón, aínda que a franxa situada por riba do Parrachón continúa denominándose A Costa , a súa prolongación cara aos Freires coñécese xa como A Costei- ra (denominación que aparece plasmada nas escrituras). Diferénciase entre A Costeira de Arriba , zona de pendente arborada que se atopa por debaixo das Viñas e as casas do camiño dos Freires á altura do Cardal; e A Costeira de Abaixo, terreo por debaixo das anteriores, ao pé do cal discorre a Regueira do Abade. A entrada, en pendente, que hai fronte ao Lavadouro dos Freires tamén recibe o nome de A Costa. Como topónimo do lugar emprégase indistintamente a forma sin- gular e plural (A Costa / As Costas; A Costeira / As Costeiras) e hai incluso quen non establece a diferenciación zonal que recollemos an- teriormente, empregando A Costa e A Costeira como sinónimos. Porén,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==