Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 70 a raíz orixinal tiña unha connotación de prominencia ou elevación, que atopamos nunha das acepcións actuais de toutizo : ‘pequena ele- vación do terreo de pouca extensión’, que tamén pode facer referencia a un ‘terreo de mala calidade, cheo de pedras’ ou ‘terreo sen cultivar que bordea unha leira’. Toutizo ten tamén o significado metafórico de ‘parte superior e posterior da cabeza’ e o de ‘persoa que non serve para nada’ que é, posiblemente, o máis coñecido actualmente na zona, o que obriga a aceptar tamén a posibilidade de que o topónimo se orixi- nase a partir dun alcume de propietario. Lugar do barrio de Baruxáns, aínda que nalgúns casos é considerado máis ben parte do lugar da Pedra, polo que lle dan o nome de O Touti- zo da Pedra . Correspóndese co pequeno outeiro que podemos apreciar conforme subimos polo camiño nomeado do Toutizo dende Os Re- dondos cara á Pedra. Non aparece rexistrado no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados da parroquia. O Camiño do Toutizo é a baixada da estrada de Bembrive á man dereita, uns metros máis adiante da entrada á parroquia dende a rotonda da estrada de Madrid, e que vai paralela á avenida de Madrid pola Torre e O Redondo, ata subir á rotonda do Toutizo, dende onde se pode seguir subindo cara á Pedra. D esniveis Barreira, A Derivado de barro ou ben de barra , termos que é posible que com- partan a mesma orixe, probablemente prerromana. Pode facer referen- cia este topónimo a unha zona rica en barro ou ben á presenza dun declive pronunciado no terreo; un barranco , acepción coa cal explica Navaza un topónimo idéntico na Toponimia de Rebordechán . Situamos o topónimo dentro da propiedade dos Ferreiros ( O Lugar dos Ferreiros), no lugar da Penseira, que nomea a zona onde se produ- ce un importante desnivel no terreo. A Barreira figura xa no Catastro de Ensenada como propiedade de Agustín Costas, veciño do «Carvallal», e rexistrado entre o «Campo da Porta» e «Painseira» polo que é posible que coincida co topónimo actual.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==