Toponimia do Val do Fragoso
69 A Terra Tombo, O Do latín tumulu ‘altura; prominencia’, un tombo é unha pequena elevación no terreo (E. Rivas Quintas: 2001, en DdD , s.v.) aínda que o significado máis coñecido é o de ‘volta sobre si mesmo que dá algo ou alguén, que anda ou está en movemento, ao caer’. Reciben tamén o nome de tombo os libros que teñen as igrexas, conventos, mosteiros, municipios e outras comunidades, coas copias dos seus privilexios e das escrituras das súas propiedades. A partir do orotopónimo, Tombo converteuse igualmente en apelido, aínda que moi pouco frecuente. Na actualidade, non son máis de cento cincuenta as persoas que o portan en Galicia, case a metade delas censadas en Vigo. Finalmente, non podemos esquecer a posibilidade de que a aparición dun topóni- mo coma este responda ao alcume ou apelido dun antigo propietario, como ocorre no caso de Bembrive. Baixando polo camiño do Rebolón dende A Parrocha, O Tombo é unha coutada situada á man esquerda, por riba da presa do mesmo nome. Esta coutada pertencía ao Tombo, cura de San Pedro así chama- do, propietario tamén, segundo os nosos informantes, doutros terreos na parroquia, na estrema con Lavadores. Era irmán de Federico Estévez, antigo mestre en Bembrive. Posiblemente os dous fosen fillos (ou en todo caso netos ou sobriños) do tamén mestre nacional Manuel Esté- vez Tombo, falecido en marzo de 1925 aos 78 anos de idade 26 . Deste xeito, Tombo sería un apelido familiar que ao perderse quedou como alcume, cando menos, dalgúns dos descendentes. Este topónimo non aparece nos documentos antigos, o que reforza a teoría da súa orixe antroponímica relativamente recente. Entrando no mesmo camiño do Rebolón, pero dende A Viña Grande, temos a escasos cincuenta metros unha entrada á man dereita para unha vivenda, por riba da que estaba A Presa do Tombo (Recaré), que foi desfeita a finais da década de 1980. Toutizo, O É un substantivo común en galego. Provén dunha raíz prerromana tautt –, posiblemente a mesma que deu lugar ao vocábulo touza ‘bos- que de árbores altas’ (en oposición a bouza ‘monte baixo’). Polo tanto, 26 Correo de Galicia, 20 de marzo de 1925, Vigo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==