Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 68 Picouto, O Sinónimo de cotarelo , un picouto ou picoto é un monte de pouca altura, aínda que podería facer referencia tamén á parte máis elevada e aguda dunha montaña ou incluso a unha rocha que sobresae no alto dun monte. Picoto é un derivado de pico cun sufixo prerromano – otto . Picouto é unha variante de Picoto onde o sufixo se viu interferido polo adxectivo outo (‘alto’). Procede da raíz prerromana pic – ‘punta’, que alterna coa forma de sonora inicial bic – que dá lugar a palabras como bico . Debido ao significado do termo, non é de estrañar que o pico si- tuado máis arriba das Presas do Galleiro se chame O Picouto, e A Chan do Picouto á grande superficie chaira situada no alto deste. Serra, A Unha serra é, en xeografía, unha sucesión de montañas. Recibe o nome pola analoxía do perfil que debuxan na paisaxe a concatenación de picos e vales cos instrumentos empregados para cortar, fundamen- talmente a madeira (aínda que tamén pedra ou outros materiais) cha- mados igualmente serras , do latín serra . Con todo, a súa aparición na toponimia podería estar tamén motivada pola presenza dun serradoiro de madeira, o apelido ou alcume dun propietario, ou proceder do ver- bo cerrar , xa que estamos nunha zona de seseo total. Existiría tamén a posibilidade, aínda que pouco probable, de tratarse dun hidrónimo prerromano, como no caso do río Ser en Cervantes, río da Serra (de Outes), etc. No Outeiro, entrando polo camiño da Serra, A Serra son os campos que nos quedan á man esquerda, aos pés da Fandiña, que son as lei- ras que temos á dereita. Adóitase empregar o plural As Serras e nelas, antigamente, sementábase o trigo. Descoñecemos a motivación deste topónimo, posto que a día de hoxe non se ten coñecemento da pre- senza dunha serra no lugar, nin o relevo parece explicar a súa orixe. O Camiño da Serra, camiño de pé, parte da rúa da Cruz xusto fronte ao camiño do Rapadouro de Arriba e vai paralelo, uns sesenta metros por debaixo, ao camiño da Fandiña.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==