Toponimia do Val do Fragoso

67 A Terra Así mesmo, temos O Muíño do Outeiro , muíño enclavado na marxe dereita do río de Eifonso ao seu paso polos Pelames, uns cen metros augas arriba do Muíño do Outeiriño. A vexetación que o rodea impide apreciar a súa estrutura, pero o traballo de Félix Caride, publicado en A voz do Meco (2000), sobre os muíños da parroquia, indícanos que posúe un cubo duns catro metros de alto, formado por dez aros de pe- dra superpostos e arrimados contra a parede de cachotería. Dinos ade- mais que sobre a porta aparecía gravada a data 1846, que se entende, correspondería á súa construción. Porén, no Catastro de Ensenada de 1752, na relación de muíños presentes na parroquia, noméase un muí- ño no «sitio do Outeyro» propiedade de «Jacinto Gonzalez don Gabriel de castro, Juan da Vila, Benito Gomez y otros». Polo tanto, ou ben se refería a outro muíño, quizais o de Outeiriño ou o do Cristino (habería que coñecer as datas da súa construción), ou a data de 1846 foi a da reconstrución dun muíño anterior situado no mesmo lugar. O tramo final do rego de Pontecela, antes de desembocar no río dos Pelames ou o río de Eifonso recibe o nome de O Río do Outeiro. Outón, O Derivado do latín altu mediante o sufixo – on . Carré, na terceira edi- ción do seu Diccionario galego–castelán ( DdD ), recollía para outón o significado de ‘montículo’, acepción relacionada coa súa presenza na toponimia. O Outón é a franxa de terreo que atopamos de fronte ao subir polo camiño do Paso no punto en que este se bifurca. Estrema ao sur co ca- miño que leva á Presa da Veiga. A leira, cunha clara figura de remate triangular cando a observamos sobre o plano, está situada lixeiramente elevada respecto ao devandito camiño. A pesar do reducido do terreo nomeado actualmente así, xa atopamos este topónimo en dúas oca- sións no Catastro de Ensenada, e tamén no Libro de afanegados, onde figura ademais un «Cocho do Outon» en Payo que non fomos quen de localizar. Na veciña parroquia de Beade tamén está presente o termo outón nos topónimos As Veigas do Outón , A Fonte do Outón e As Presas do Outón , todas en Abalde.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==