Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 66 para moer o centeo e que facía moi bo óleo 25 . Hai quen lembra como a súa levada era empregada tamén para lavar as tripas do porco na época da matanza. Outeiro, O Asúmese que procede de altariu , derivado do latín altu ‘alto’, malia que non contamos con documentación medieval que certifique esta de- rivación. Indica a presenza dunha ‘pequena elevación de terreo illada e de pouca extensión’ aínda que nalgúns lugares, como Saiáns, designa especificamente penedos ou rochas que sobresaen na paisaxe. É un topónimo moi habitual en Galicia, cunhas cincocentas localizacións rexistradas no Nomenclátor. Este puido dar orixe ao apelido toponími- co Outeiro (e os seus derivados: de Outeiro , do Outeiro ) que, malia ser tipicamente galego, aparece maioritariamente (95% dos casos) baixo a forma castelanizada Otero . Barrio da parroquia de Bembrive que abrangue os lugares da Cruz, O Rapadouro, A Ribeira, As Pedrás e, segundo informantes, Mourelle e O Carballal, aínda que estes dous últimos terían categoría eles mesmos de barrio, cos seus respectivos lugares, de atendermos á opinión máis estendida. Sobre un mapa topográfico da parroquia apréciase con clari- dade a formación á que fai referencia o topónimo. A partir da vagoada do río da Ponte, ao norte, e o río dos Pelames, ao oeste, ascenden as ladeiras do Rapadouro e Os Pelames cara á Cruz para definir un outeiro que na actualidade resulta máis complicado distinguir pola presenza de árbores e construcións, pero que no pasado debeu destacar con claridade na paisaxe. Aparece profusamente no Catastro de Ensenada , tanto como nome de terras como lugar de habitación, son oito as casas que no ano 1752 figuran censadas no Outeiro. En canto á forma do topónimo, altérnase continuamente na fala entre a presenza e ausencia de artigo (O Outeiro / Outeiro ), pero na documentación escrita antiga, a forma con artigo é claramente maioritaria. Atopamos outra entidade de poboación denominada O Outeiro, núcleo de casas dispostas ao redor do camiño do Outeiro, situado á man dereita conforme subimos pola rúa da Cruz, que o núcleo central do barrio do mesmo nome. 25 ‘Parte máis refinada da fariña’.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==