Toponimia do Val do Fragoso

65 A Terra sentes dentro do acervo toponímico da veciñanza de Bembrive, non só polo feito de que hai quen traballa alí terras, ou polo feito de estaren situados na estrema, senón pola súa visibilidade, xa que Os Campos do Lombo quedan na valgada aos pés da que discorre o río de Eifonso, polo que dende a beira de Bembrive son claramente visibles, aprecián- dose esa forma de lombeiro. Mouteira, A Procede dunha raíz prerromana mot – (para resultados Modia e for- mas con –d– ), mott – (para Mota e variantes con –t– ) co significado de ‘montículo, prominencia’. A aparición do – u– de Mouteira pode expli- carse como metátese dun iode: MOTIA > moita/mouta. Mouteira recó- llese no Dicionario da Real Academia Galega como sinónimo de mouta para referirse a un grupo de plantas que teñen maior altura que as do seu redor. En Navia, unha palabra da mesma raíz, moutillón , é o termo empregado para designar os montes de area que se forman pola acción do vento nos areais, é dicir, as coñecidas comunmente como dunas . A Mouteira (Segade) é un pequeno outeiro situado ao final da subi- da á Mouteira, nome que xa nos indica a situación elevada do punto de destino, e onde a antedita rúa conflúe coas da Viña Grande e Recaré. É o primeiro lugar do barrio de Segade, logo de pasar O Monte Calvario, que pertence aínda ao Mosteiro. Este topónimo aparece en tres oca- sión no Catastro de Ensenada ligada aos lugares de Recaré, Reiriz e A Parrocha, polo que entendemos que se trata do mesmo topónimo que seguimos empregando na actualidade. Outeiriño, O Muíño do A partir de Outeiro mediante o sufixo –iño créase o diminutivo Ou- teiriño . Deste xeito recollemos O Muíño do Outeiriño (A Barxiña), perten- cente xa a Beade, posto que está na marxe esquerda do río de Eifonso. Podemos velo, á man dereita, cando baixamos pola costa da Gándara, xusto antes de pasar a ponte cara a Bembrive. É un muíño de canle, cuberta no tramo final por catro laxes, e que se atopa, polo menos exteriormente, en bo estado de conservación. Dise del que era moi bo

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==