Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 64 habería que estudar o catastro en maior profundidade para poder ase- guralo. Tres dos topónimos derivados de coto rexistrados en Bembrive: O Coto da Chan (–> A Chan), O Coto e O Cotarel , cunha distancia en liña recta entre os dous primeiros duns trescentos sesenta metros e uns trescentos entre o segundo e o terceiro, debuxan na paisaxe un triángu- lo case isósceles, aínda que na actualidade, coas Cunchadas e as Re- mesiñas cubertas de árbores, principalmente piñeiros, resulta imposible aprecialo fóra dos planos. Coto, O Coto designa igualmente unha prominencia no terreo; un monte ou outeiro ou o seu punto máis alto. É un termo prerromano, de raíz c ŏ tt –, que pervive como apelativo na lingua común, pero tamén como topó- nimo. Como tal, abunda en todo o noroeste peninsular (coa forma cueto en Asturias e León) e a súa presenza chega a rexistrarse en Valladolid, Badaxoz ou Leiría. No Proxecto Toponimia de Galicia rexístranse máis de cincocentas entradas para o topónimo Coto ou os seus derivados, que dan nome fundamentalmente a terras e entidades de poboación. Como a forma coto coincide coa castelanización de couto (<lat. cautu ) hai lugares onde os topónimos Coto se transformaron en Couto erradamente, ao pensar que se estaba a regaleguizar un topónimo cas- telanizado. Á beira da rúa da Chan (antigo camiño da Xabalouca), cortado la- teralmente polo camiño das Casas Vellas antigo, localízase O Coto . É unha pequena elevación que ten unha altura máxima de douscentos corenta metros sobre o nivel do mar (snm). Lombo, Os Campos do Do latín lumbu , lombo é un exemplo dos casos existentes na oroto- ponimia, onde o nome dunha parte do corpo humano ou animal serve para designar, por analoxía, un accidente orográfico, como veremos igualmente co topónimo Costa . No caso que nos ocupa, o topónimo Lombo aludirá á presenza de pendentes suaves. Son o conxunto de leiras que temos na marxe esquerda do río de Eifonso unha vez que pasamos o muíño de Abalde en dirección a Mo- ledo. Pertencen, polo tanto, á parroquia de Beade, pero están moi pre-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==