Toponimia do Val do Fragoso

63 A Terra xeito, poderíase aplicar tamén para definir un terreo accidentado. Do latín cucurvus , posible variante de curvus ‘curvo’ (Corominas, 1980– 1992, vol. II: 193). De Xestoso cara ao Pouso, uns douscentos metros despois de ter pa- sado O Lavadouro da Regada, atopamos á man esquerda a Xabreira da Pascua e sobre ela, en dirección oeste, As Corcovas, terreo agora sen cultivar. Aparece xa no Catastro de Ensenada (1752) en dúas ocasións, aínda que coa grafía «as Corcobas» e en máis do dobre no Libro de afanegados (1846), en que aparece tamén «as Carcobas». É un topó- nimo que se atopa en claro perigo de desaparición, posto que só unha veciña, de case noventa anos de idade, foi quen de darnos conta del. Cotarel, O Dun anterior Cotarelo ou Cotarela que perdeu, por relaxación, a vo- gal átona final, fenómeno frecuente na nosa lingua. En principio sería máis fácil que se perdese a vogal – a , porque abondaría con que se pa- latalizase levemente en – e para ser percibido como a vogal paragóxica que vai despois das líquidas finais (Manuel / Manuele , comer / comere ), que é prescindible. Pero hai moitos exemplos en que o que se alterou foi un – o , como ocorreu en Caritel , por exemplo, ou en Burela , que foi antes Burel e antes aínda Burelo . Cotarelo é un diminutivo (sufixo – elo ) a partir de cótaro , derivado de coto mediante o sufixo prerromano áto- no – aro (o mesmo de Gándara , por exemplo). Fai referencia, ao igual que picouto ou picoto , a un monte de pouca altura. No Nomenclátor de Galicia aparecen catro lugares chamados ( O ) Cotarel , todos eles per- tencentes á provincia de Pontevedra, aos que o Proxecto de Toponimia de Galicia (PTG) engade outro lugar, unha chan ( A Chan do Cotarel ) e un camiño ( Baixada do Cotarel), todos en Tomiño. Fronte a isto, as formas Cotarela , e sobre todo Cotarelo , aparecen no PTG máis de vinte veces cada un. Subindo pola Costa das Cunchadas cara á Chan, uns cen metros máis adiante da entrada para A Senra e pouco antes de chegar ao rego que baixa das Cañoteiras pola antiga Perrera de Arriba, O Cotarel é a elevación (222m snm) que podemos apreciar á man esquerda, cara ao leste. No Catastro de Ensenada aparece o topónimo Cotarela , que se repite no Libro de afanegados , en que figura tamén a forma Cotarelo . É moi probable que esa Cotarela se corresponda co Cotarel actual, pero

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==