Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 62 OROTOPÓNIMOS: A DESCRICIÓN DO RELEVO Os orotopónimos son topónimos que se refiren á orografía do terreo. Son os que describen a presenza de elevacións, como O Picouto ou O Outeiro , pendentes como As Costas , chairas como A Chan ou depre- sións no terreo como A Buraca ou A Cova . Adoitan aparecer na toponimia menor e, ao igual que os hidroto- pónimos, por estaren relacionados con realidades moi evidentes e es- tables da paisaxe, son en moitos casos os topónimos que conservan elementos dos estratos lingüísticos máis antigos. E levacións Cachola, A Poderiamos estar ante o emprego metafórico do termo cachola ‘ca- beza das persoas’ para nomear unha pequena elevación do terreo ou montículo que pola súa aparencia lembra esta parte do corpo humano, ou ben ante un diminutivo de cacho ou cacha . En ambos casos proce- dería do latín cascu ‘fragmento’. Pero dado o uso de Cacha e Cachada como topónimos relativos a actividades agrícolas, e dado tamén o uso do diminutivo – ola ( cf. Granxola en Tomiño), non podemos desbotar a posibilidade de que Cachola sexa unha cacha no monte. Parte do lugar onde agora se atopa a última casa da subida á Mou- teira, á man dereita, antes de xirar cara á Viña Grande é A Cachola . Topónimo que aparece en diferentes ocasións no Libro de afanegados, polo que, de tratarse do mesmo lugar, debía facer referencia no pasado a unha zona máis ampla. De feito, nunha das citas emprégase como equivalente á Mouteira: «castaños da cachola o mouteira». Corcovas, As O termo corcova , ademais de ser a ‘curvatura convexa esaxerada das costas ou do peito producida por unha desviación da columna ver- tebral ou do esterno’ no dicionario de Eladio Rodríguez, atopamos ou- tra definición algo máis ampla: ‘curvatura de calquera cousa ou vulto que dela sobresae’ (Eladio Rodríguez: 1958–1961, en DdD , s.v.). Deste

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==