Toponimia do Val do Fragoso
61 A Terra A vida na parroquia de Bembrive estivo intimamente ligada ao lon- go do tempo, e ata hai non moitos anos, á terra, aos seus usos e apro- veitamentos, realidade que quedou plasmada tamén na toponimia. Aproveitábanse dende as terras máis próximas á casa, as existentes no lugar , onde se atopaba o enxido , plantado de árbores froiteiras e no que se botaba algunha hortaliza, ata as terras de monte máis afastadas do núcleo habitado, a onde se levaba a pastar o gando, recollíanse garabullos e carrascos para acender o lume ou posteriormente se apa- ñaban as piñas e a pluma dos piñeiros para, en moitos casos, ir vende- las a Vigo. Todo o territorio era empregado dun ou outro xeito e, polo tanto, todo el estaba nomeado. En moitos casos os nomes fan referen- cia a características do relevo como a presenza de elevacións, chairas, desniveis ou depresións, como son O Outeiro , A Chan , A Quiringosta ou A Buraca , noutros casos infórmannos da composición do solo como A Xabreira ou A Areeira, ou outras características como a forma ( O Rabelo ), o tamaño ( O Pequeno ) ou incluso as cores dominantes ( As Verdellas ) 24 . Pero tamén os usos do solo quedaron gravados na toponimia, e a través dela podemos saber se antigamente un determinado lugar foi terreo de monte ( O Monte Vello ) ou arrincado a el para o cultivo ( A Senra ), se eran poulos ( O Poulo ) ou terras de labranza ( O Eido ou A Horta ), cales eran as especies vexetais que o dominaban ( A Espiñeira ) ou os animais característicos dunha zona ( As Teixugueiras ). 24 Aínda que, como veremos, este topónimo podería facer referencia a outras realidades. A Terra 4
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==