Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 58 Presa, O Campo da Procede do latín prensa participio do verbo prehendere ‘tomar, apreixar’ que se emprega para denominar as construcións feitas nun curso de auga co obxecto de retela. O Campo da Presa sitúase á man dereita da estrada de Bembrive, xusto despois de deixar da outra man a subida cara a Segade e pouco antes de chegar á ponte elevada peonil que cruza a avenida de Madrid. Localizamos, tamén, O Campo de Xunta á Presa (Xestoso) dentro do lugar do Cea, que testa coa casa á que leva a entrada que parte fronte á porta do Muíño do Rorigo. Xusto na esquina noroeste da casa é onde se localiza a presa aínda existente que lle da nome á leira. Situada fronte á presa á que nos vimos de referir, do outro lado do camiño hai unha coutada con piñeiros chamada A Coutada de Xunta á Presa. Solevada, A / Solevadas, As Topónimo formado coa preposición su – procede, ao igual que so – do latín sub que, como xa expuxemos no caso dos Sorregos, ten o signi- ficado de ‘baixo’, ou ‘debaixo de’, e mais levada. Unha levada é unha ‘corrente de auga que discorre por un leito artificial de pequenas di- mensións, utilizada para regar, impulsar o mecanismo do muíño etc.’. Tradicionalmente o leito podía ser terreño, simplemente escavado no terreo, ou estar empedrado, como se adoitaba facer nos tramos finais das levadas dos muíños. Na toponimia atopamos tanto a forma simple A Levada (núcleo de poboación en Santa Baia, Camos ou en Mosende, O Porriño), como compostos, entre os que Agua Levada é probablemente o máis frecuen- te no que a nomes de terras se refire. En San Cibrán atopamos a forma A Solevada que designa as coutadas situadas máis arriba da Fonte da Capela, en dirección á Fraga, pero an- tes de chegar aos Cañotos. Por debaixo delas pasa un río, posiblemente o afluente da marxe esquerda do Eifonso que se une a el uns metros máis abaixo da capela. E As Solevadas , coutadas situadas por debaixo da Capela do San Cibrán, máis abaixo da forte pendente actualmente salvada polas escaleiras do sendeiro do Eifonso, pero antes de chegar ao Muíño da Bouzafría. No Catastro de Ensenada da parroquia apare- cen varias propiedades co nome de «Sualevada» (de so a levada < lat.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==