Toponimia do Val do Fragoso
57 A A u g a veciñanza como O Muíño do Venancio, muíño que era de maquía, ao igual que o do Coruxeiro, situado só uns metros augas abaixo. Pero o río nacido como O Rego de Pontecela aínda facía andar un muíño máis, o Muíño do Cristino, situado nos Pumariños. Neste último tra- mo e ata a súa desembocadura no río dos Pelames ou río de Eifonso, aínda toma un nome máis, o Río do Outeiro. Foron, polo tanto, nove os nomes recollidos para un río de pouco máis de dous quilómetros de lonxitude, o que pon en evidencia a gran riqueza toponímica que posuímos, tamén no que respecta á hidronimia fluvial. Non obstante, non pensemos que a variedade de nomes para facer referencia a unha única realidade hidrolóxica leva a perder a conciencia da súa unidade. As persoas ben coñecedoras da súa parroquia saben que todos estes nomes nos falan do mesmo río. Así, unha veciña describíanos O Rego de Pontecela como o que «vén do Pouso, rega todos os campos, pasa pola cultural e vai a Eifonso». E é moi boa descrición, porque realmente coa auga de Pontecela regábanse unha gran parte das terras de labor de Bembrive: A Candea, en Paio a Regada; no San Xan As Castiñeiras, Larín, A Serra, As Fandi- ñas, A Agreira e A Eira Vella, Regueiriños, etc.; gran parte do Carballal e sobre todo do Outeiro. Hai que destacar que os regos desviados do curso principal para cubrir esta función de regadío non levan o nome que o río ten nese punto, senón que son coñecidos sempre como O Rego de Pontecela, así nos atopemos na Mandada ou nas Pedrás. Baseándonos nisto pode- riamos dicir que a toponimia nos reflicte dúas dimensións da concep- ción da mesma realidade hidrolóxica (O Río vs. O Rego de Pontecela). Por unha banda, a súa dimensión ecolóxica, a do curso de auga natural que vai percorrendo o territorio e tomando diferentes nomes ao longo del. E xunto a isto, a dimensión puramente hidráulica, todo o trazado da rede de captación e distribución da súa auga que mantén, ou manti- ña, a produtividade de gran parte de terras da parroquia. Aparece xa citado no Catastro do Marqués de Ensenada como si- tuación do Muíño de Paio, onde tiña dereito a moenda Ana de Souto, veciña de Paio: «Tiene en el Molino de Paio Rio de Pontezela».
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==