Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 56 Trátase, xunto ao río de Eifonso, do que é afluente, do principal cur- so de auga que atravesa a parroquia de Bembrive e faino de lado a lado, en dirección sueste–noroeste, dende O Pouso aos Pelames. Subindo pola entrada de acceso ao merendeiro do Pouso de Arriba e collendo á man esquerda polo sendeiro que leva ás minas de auga da Chan, atopa- remos o rego, que ten o seu nacemento un pouco máis arriba, do outro lado da estrada das Plantas e a autoestrada do Atlántico, polo que non podemos chegar ata el. Logo de atravesar A Xunqueira e pasar pola Área de Lecer do Pouso, chégase aos muíños do Pouso e do José María, que antigamente movía. No Muíño do Pouso a súa auga era ademais aproveitada para alimentar os lagos onde se maceraba o liño. Deixando O Pouso, o rego continúa o seu percorrido rodeando o monte do Castro de Xestoso pola súa aba sueste. Toma aquí o nome de o río da Candea, posto que é o nome das terras que baña neste lugar e onde a súa auga enchía o lavadoiro do mesmo nome, O Lavadouro da Candea. Á altura deste, atopábase A Metida da Candea, a onde se viña buscar a auga para regar cando correspondía a quenda, posto que era o punto onde as augas se partían para unha zona ou outra de Bembrive. Pasando A Candea e logo de cruzar A Ponte das Pereiras, o río da Candea muda de nome e pasa a ser o río da Regada e uns metros máis adiante o río de Paio, onde movía os muíños de Paio de Arriba e de Abaixo. Unha vez deixa Paio, pasa a ser coñecido como O Río do Xalón, nome que se mantén ata chegar ás Pedrás 23 , onde recibe como afluentes a Regueira do Abade e o rego que vén da Presa dos Estripeirales. Baña aquí os campos das Barxas, polo que é coñecido como O Río das Barxas, nome que mantén tan só uns metros, xa que nada máis cruzar a estrada Bembrive–Beade e entrar na Ponte, onde se atopa o local da SCDR Helios, pasa a ser O Río da Ponte, ata chegar ao lavadoiro e fonte do Mosteiro, a partir de onde tomará o nome do río do Mosteiro. Na marxe esquerda do río, practicamente fronte ao lava- doiro e á fonte anteditos, o río do Mosteiro era empregado para mover o reducio do Muíño da Señora Piedá, máis coñecido pola maioría da 23 Na seu denscenso dende A Ponte das Pereiras ata O Parrachón, chagando xa a As Pdrás, O Río do Xalón salva un desnivel de cen metros, polo que no seu percorrido, especialmente ao paso polo Muíños de Paio, no Xalón e na Costa, aparecen varios saltos de auga como o que aparece na fotografía que incluímos baixo o epígrafe de A Ribeira .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==