Toponimia do Val do Fragoso
55 A A u g a máis de douscentos rexistros no Nomenclátor de núcleos de poboación da nosa xeografía que contan con este elemento no seu topónimo ( A Ponte , Frades, A Coruña; A Ponte de Pedra , Miño, A Coruña; A Ponte de Neira , O Páramo, Lugo; A Pontenova , O Porriño, Pontevedra; etc.). Abrangue os terreos onde na actualidade se atopa o local social da SCDR Helios de Bembrive e, segundo un informante, tamén O Lavadou- ro do Mosteiro. No Catastro de Ensenada aparecen dúas propiedades co nome de «A Ponte» que se poderían corresponder con esta do Mosteiro. De ser así, indicaríanos que a ponte que deu lugar a este topónimo era anterior ao ano 1752. Tamén no Mosteiro atopamos O Río da Ponte, nome que toma o rego de Pontecela ao seu paso pola Ponte. Unha vez rodeado o local de Helios, coñécese xa como O Río do Mosteiro. A Ponte Pontecela, O Rego de Do latín ponticella , diminutivo de ponte mediante o sufixo – ella . Unha ponticela é unha pontiña, ou ponte pequena. É o mesmo proce- demento, propio da formación de diminutivos en latín, que orixinou topónimos como Portocelo ‘porto pequeno’ ou Montecelo ‘monte pe- queno’, polo que podemos supor que estamos ante un topónimo moi antigo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==