Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 54 eran empregadas tamén, cando as augas ían suficientemente baixas, como paso para cruzar o río. A construción destes peiraos implica a formación, augas arriba, de pozas ou cachafondos que eran aproveita- dos polos rapaces da zona para bañarse ou simplemente para se lavar. Peirao procede de petrato , derivado de pedra . É un provenzalismo me- dieval. Sabemos pola documentación da colexiata de Baiona que era empregado como forma habitual nos séculos xv – xvii . A variante peirado é unha forma artificiosa, unha hipercorrección que se alternaba en oca- sións con outras como peirago . O Peirado (A Cova, Beade–Moledo) está situado no río de Eifonso, ao seu paso polos pés das leiras do Muíño Vello, por riba do Muíño da Cova. Peirado é a denominación que maioritariamente se emprega na veciña parroquia de Sárdoma, da que se atopa moi próximo tanto o topónimo como o informante de quen o recollemos. En todo caso, as veciñas e veciños de Bembrive que nos falaron deste lugar non o coñe- cen como O Peirado, pero tampouco como O Peirao, senón como O Cachafondo do Xan Ribeiro (–> Xan Ribeiro). O Peirao no río do San Cibrán, á altura das Viñas Vellas, era o nome co que se coñecía o penedo que lle permitía á xente do San Cibrán cruzar dunha beira a outra para ir ao muíño do Buraco. Augas arriba do muíño de Abalde, aproximadamente a medio cami- ño do seguinte muíño, o de Xeme, localízase O Peirao. Non aparece no Catastro de Ensenada desta parroquia ningún Peirao nin Peirado , pero si no Libro de afanegados, onde figura «Rapadouro o molino de Outeiro o Peirao» e «O Pardiñeiro o Peirao», propiedades de Benita Posada, veciña de Beade. Na actualidade non nos foi referido ningún Peirao na contorna do muíño do Outeiro, pero si é certo que o río describe aí un meandro, que pode ser natural ou froito da existencia dun antigo peirao perfectamente xustificable pola presenza do muíño. Tampouco recollemos o topónimo O Peirao na zona dos Pardiñeiros, pero unha vez máis, a presenza de dous muíños, o de Dornelas e o de Acevedo, situados do outro lado do río, explicarían a súa presenza. Ponte, A Do latín ponte , ‘construción feita para unir dous puntos salvando algún obstáculo como un foxo, río etc’. Ponte é un elemento extraor- dinariamente presente na toponimia galega. De feito, contamos con
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==