Toponimia do Val do Fragoso

53 A A u g a Na parte da estrada de Bembrive xusto fronte ao punto onde desem- boca nela o Camiño do Lameiro, procedente de Sárdoma localizamos O Camiño da Canexa. E A Fonte da Canexa subindo polo camiño an- terior, uns trinta metros despois de ter deixado a estrada de Bembrive, continuamos en liña recta cara a unha casa que nos queda á man es- querda. Pouco máis adiante, á man dereita, temos a fonte. Lavadouro, O Do latín lavatoriu , derivado do verbo lavare ‘lavar, bañar’ mediante o sufixo – oriu , que introduce a connotación de lugar onde se leva a cabo a acción do verbo. Así, o lavadouro é o lugar ou pía onde se lava a roupa, ou a pedra ou táboa colocada na beira dun río para lavar so- bre ela, aínda que dende aproximadamente pasada a metade do século pasado comezaron a ser substituídas polas construcións que xa coñece- mos na actualidade, onde se lava de pé e en xeral baixo cuberto. O remate en – ouro de lavadouro , como ocorre en vasoura ou co- rredoura , nestes casos coa forma feminina, é unha das características do galego suroccidental, fronte ás terminacións – oiro / – oira ( lavadoiro , vasoira , corredoira ) doutras zonas de Galicia, que son as que adoptou o galego estándar. Nos nosos días o vocábulo lavadouro practicamente desapareceu da fala da parroquia de Bembrive e a súa contorna e non polo abandono das estruturas que nomea, senón pola súa substitución polos castelanismos lavadeiro ou pilón . Por isto, a presenza deste topó- nimo non ten valor só como topónimo en si, senón polo feito de poder chamar a atención sobre a importancia de recuperar esta forma propia da nosa fala. Por esta razón mantemos ademais a forma lavadouro no nome de todos os lavadoiros da parroquia. Entrando dende a subida a Miraflores polo camiño que hai fronte ao camiño da Mina, uns pasos máis adiante, á man esquerda. Aí había realmente un lavadoiro, O Lavadouro, formado por unhas pedras situa- das no rego chamado Rego da Agua que por alí discorre. Peirao, O / Peirado, O Un peirao ou peirado é o muro dunha presa feita nun río para reter a auga e desviala, mediante unha levada, cara a un muíño ou ben cara aos campos que se regaban con ela. As pedras que forman a represa

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==