Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 52 Aínda que A Canexa non aparece no Catastro de Ensenada , si o fai no Libro de afanegados , en que figura como un dos nomes que reci- bía o marco entre Bembrive, Sárdoma e Lavadores. Recollemos aquí o fragmento onde se menciona, para localizar a «dehesa do Lameiro», propiedade de D. Manuel Saavedra, veciño de Vigo: […[ que limita N con más terreno que le queda perteneciente a Sardoma y Lavadores, en cuya linea divisoria y sobre una peña se halla fixado el mojón que divide esta parroquia con la de Sárdoma, y prin- cipia a dividir con Lavadores, cuyo mojón se halla marcado con una cruz y se titula de piedra de la laje y por otro nombre canexa, berruga o porto carreiro 21 Non conseguimos atopar o devandito marco, como tampouco o ras- tro dos outros nomes que se nos di que recibía: «Berruga», «Portoca- rreiro» ou «Pedra da Laxe». Non obstante, estes dous últimos si parecen estar vivos na veciña parroquia de Lavadores, xa que Ivan Sestay os recolle na súa toponimia. Non coinciden exactamente na localización entre eles nin coa Canexa, pero si se atopan moi próximos, polo que todo fai pensar que se corresponden cos topónimos que aparecen en afanegados . Portocarreiro 22 esténdese dende o empalme do camiño do Gandarón coa Avenida de Madrid pola beira do Lagares ata a ponte de Vilar, mentres que Pardalaxe (que é a forma en que resultou na actuali- dade a «piedra de la laje») é o nome que se lles dá, segundo Sestay, ás terras entre a estrada Vella de Madrid e a autovía, ao nacente da Costa do Castelo (oficialmente subida a Montecastelo) e ao norte da Rúa de Paz Pardo (antes A Gandariña). Polo tanto, teriamos na actualidade os tres nomes ( A Canexa, Pardalaxe e Portocarreiro) distribuídos practica- mente nunha liña sur–norte duns cincocentos metros. 21 Nos límites para a parroquia de Lavadores do mesmo Catastro de Ensenada , segundo recolle Sestay (2010: 15), dise: «de éste, delimitando con dicha <feligresía> de Sant(i)ago de Vigo, va a dar enel del Couto, del que confrontando con San Pedro de Sárdoma, sigue el marco da Barronda y Porto Carreiro; de aquí, partiendo con la misma <feligresía> de Sárdoma y la de Santiago de Bembrive y la de Cabral va a cerrar al expresado <marco> de Fuente Obscura». 22 Xa que é un porto , en orixe referiríase a un lugar máis concreto (por onde un camiño cruza un curso de auga) aínda que logo se lle aplicase a unha área máis extensa.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==