Toponimia do Val do Fragoso
51 A A u g a topónimo Cans , nome da coñecida aldea do Porriño, é un dos resulta- dos romances do latín canales . Recibe este nome o triángulo que queda delimitado pola rúa do Carballal ao leste, o camiño do Cocho polo sur e Regueiriños ao norte e poñente. Por el discorría o rego que baixaba da Presa de Regueiriños. A etimoloxía popular explica que neste lugar viviu Tía Manuela da Cal e de aí procede o topónimo polo que se coñece. Mais A Cal aparece xa como topónimo no Catastro de Ensenada (1752) e no Libro de afa- negados (1846), onde hai un terreo que figura como «Cal de Penas en el Carballal», polo que podemos pensar que formaba unha unidade co terreo situado ao outro lado do camiño do Cocho e que se coñece actualmente como A de Penas. Polo tanto, foi o topónimo o que deu lugar ao alcume da Tía Manuela e non ao revés. Así mesmo, tamén localizamos O Camiño da Cal que sobe dende A Presa do Ripanso (na curva da rúa do San Cibrán) cara á Fonte Seca, empregado pola xente como lugar para subir ao monte. Canexa, A Derivado formado a partir do latín canna ‘cana’ e o pouco habitual, aínda que con presenza na toponimia, sufixo – exa . Na toponimia, de acordo con Navaza, moitos topónimos derivados de cana non son fi- totopónimos que fagan alusión á presenza de canas no territorio, senón que, dun xeito metafórico, aluden ao concepto de ‘cilindro oco’ co que claramente se poden asociar estas plantas. En concreto, moitos deles fan referencia a conducións de auga, como cano ou canexa , podendo con- fluír con derivados de canale . Unha canexa é tamén un camiño estreito. Na Devesa identifica un pequeno campiño fronte á Fonte da Deve- sa, do outro lado da estrada, por onde baixaba un camiño que chegaba ata ela. Na parroquia de Sárdoma, no Lameiro, temos A Canexa , unha pe- quena cuña que vai por riba da estrada de Bembrive, onde estrema tamén con Lavadores. A Canexa é o nome que reciben os terreos que se atopan por debaixo da fonte do mesmo nome, á man esquerda en- trando polo camiño, xusto antes de chegar a ela. Na actualidade hai unha casa construída, pero hai uns cincuenta anos eran os poulos onde se botaba ao clareo a roupa que se lavaba, de xeonllos, nunha pequena represa feita no rego que baixaba da fonte.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==