Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 50 deriva lodo . De feito, o substantivo lodeiro recóllese no dicionario coa acepción de ‘terreo moi húmido onde xeralmente nace a auga’. Nas zonas de Galicia onde está presente a forma lodairo (área centro– oriental de Ourense) está claro que esta deriva de lotanariu e, polo tanto, calquera Lodeiro ou Ludeiro que aparecera na toponimia remitiríanos ao hidrotopónimo. Porén, nas zonas como a nosa, onde o resultado de lotanariu é unha variante en – eiro , resulta imposible dende un punto de vista lingüístico diferencialos. Agora ben, o feito de que o Celtis australis , tal como recolle Xosé Ramón García na Guía das plantas de Galicia , se circunscriba aos pequenos bosques e barrancos da Galicia de clima mediterráneo, fai que poidamos afirmar case con toda seguridade que no caso de Bembrive, o topónimo Lodeiro é un hidrotopónimo. Na nosa parroquia, concretamente nos Freires recollemos O Lodei- ro, lenzo de terra que comeza cun grupo de campos situados á man dereita no final do camiño do Xalón e continúa seguindo de fronte logo de cruzar o camiño do Cardal (agora camiño dos Freires) por riba da Presa do Cardal. Son, de feito, terras lagoentas. Aínda que no Catas- tro de Ensenada aparece sempre en singular (en cinco ocasións como «Lodeiro» e unha como «Ludeiro»), na actualidade a forma dominante na fala é o plural Os Lodeiros, aínda que tamén aparece en singular. A pronuncia adoitase realizar cun /o/ pechado que chega a converterse nalgúns casos nun /u/ resultando a forma O/s Ludeiro/s . Aparece tamén o topónimo nun foro do ano 1802 (–› Capela do San Cibrán). C onstrucións relacionadas coa auga Finalmente temos os nomes de leiras, lugares ou cursos de auga que se orixinaron a partir do nome dunha construción relacionada coa auga como canles, pontes ou presas. Cal, O Lugar da Unha cal é un leito artificial que se fai para que corra a auga por el, como, por exemplo, a cal do muíño. O substantivo galego cal ten unha variante canle que conservou o vestixio do – n – etimolóxico. Na toponimia galega Cal é unha forma moi frecuente, mentres que Canle só se rexistra en dezaseis núcleos de poboación da nosa xeografía. O
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==