Toponimia do Val do Fragoso
49 A A u g a que se forma ao mesturarse a terra con auga. Un lameiro é un lugar que ten moita lama, polo tanto, un terreo húmido. En certas zonas de Gali- cia, como Ourense, lameiro ten o significado máis habitual de ‘prado’, algo que non ocorre na nosa contorna. Aínda que Bembrive é unha terra rica en auga, e Lama e os seus de- rivados son un dos grupos de topónimos máis abundantes en Galicia, tan só se rexistran dous Lameiros en toda a parroquia na actualidade. No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados tampouco aparecen ningunha Lama ou Lamosa , pero si numerosos Lameiro . A dobre deno- minación con que aparecen algúns topónimos en afanegados como é o caso de: «Mandín o Lameiro» permítenos comprobar que os Lamei- ro existentes estaban localizados en diferentes lugares da parroquia, e aparecen ademais de en Mandín, na Pedra, na Chan (onde se denomi- naba «Lameiro o Pesegueiro», topónimo que tampouco localizamos na actualidade), no San Cibrán, na Torre, no Piñeiro e en Larín. A maioría deles eran toxeiras ou coutadas, pero algúns dos terreos así nomeados estaban dedicados a labradío ou viña. No lugar do barrio de Baruxáns, O Lameiro comeza á altura das Berechas, un pouco máis adiante da rotonda da Pedra, e esténdese de xeito lineal polas beiras da estrada de Bembrive ata chegar á Casa do Balcón, lugar en que comeza a parroquia de Sárdoma, onde O Lameiro toma categoría de barrio. No Mosteiro, O Lameiro identifica unha pequena tira de terreo si- tuado entre o edificio do centro de saúde e a vía aberta para comunicar a estrada de Bembrive co camiño de Novelos. Como vemos no aparta- do de fitotoponimia, o terreo situado a carón del, onde recentemente se construíron unhas vivendas ao outro lado da vía, denomínase O Piñeiro, polo que este é probablemente o Lameiro que en afanegados aparece como «Lameiro o Piñeiro». Lodeiro, O O topónimo Lodeiro pode ser un derivado de lodo (e este do latín lutu ) ou ben ser o resultado do latín lotanariu . No primeiro caso estaria- mos ante un fitotopónimo, posto que faría referencia á arbore chamada lotus en latín ( Celtis australis ) e que en Galicia, ademais do de lodeiro , pode recibir entre outros os nomes de lodairo , lodoeiro , lamigueiro etc. No segundo caso, estariamos ante un hidrotopónimo xa que de lutu
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==