Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 48 lidade o río marcaría aproximadamente a división entre un topónimo e outro. Por riba do Muíño de Eifonso formábase O Cachafondo da Barxiña; a palabra cachafondo ou cachafundo designa unha poza que queda no leito dun río, arroio etc., ao desviar o seu curso. A Barxiña tamén son uns terreos ao redor do Muíño do Outeiro, que se estenden ata o Muíño do Outeiriño polas beiras do río dos Pelames. Bueu, O Autores como Rivas e J. M. González, apuntan, tal como recolle Navaza na súa Fitotoponimia , a unha raíz hidronímica céltica bed – , bud – como posible orixe para o topónimo Bueu e outros como Budiño ou Boedo . Con esa raíz estaría relacionado tamén o termo latino buda (espadana) que outros autores consideran pola contra como verdadeira orixe do topónimo. Deste xeito, o propio Navaza recoñece que pode- riamos estar tanto ante un hidrotopónimo como un fitotopónimo. En todo caso, a información que nos proporcionan é en esencia a mesma; a de estarmos nun terreo húmido, que ao cabo é o hábitat propio das espadanas ( Typha sp. ). Bueu é unha forma moi pouco frecuente na to- ponimia. De feito, no Nomenclátor de Galicia só se recolle o nome do concello do Morrazo, ao que o Proxecto Toponimia de Galicia engadiu o nome dunha tomada e dun camiño, os dous en Cangas. Tamén no Morrazo, en Moaña, aparecen unhas terras co nome de As de Bueu , topónimo que correspondería ao alcume da familia propietaria, posi- blemente orixinaria do veciño concello de Bueu. Na nosa parroquia , en Mourelle, localizamos O Bueu, terreos que quedan na esquina formada polo camiño de baixada á Cova (ao norte) e a estrada de Bembrive a Beade (ao leste), fronte á Pousa. Non atopamos este topónimo no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados da parroquia. En ausencia de documentación que confirme o contrario, o máis probable é que en Bembrive ocorra o mesmo que en Moaña e o topónimo proceda do alcume duns antigos propietarios vidos de Bueu. Lameiro, O Lameiro é un derivado de lama , termo de orixe prelatina que conti- núa plenamente vixente na nosa lingua para denominar a masa branda
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==