Toponimia do Val do Fragoso
47 A A u g a de Galicia atopamos trinta lugares co nome de Barxa ou Barxas (con ou sen artigo) e os seus compostos pero ningún coa forma Varxa . No Mosteiro, A Barxa é a chaira que topamos baixando polo río do Xalón, na súa marxe esquerda, unha vez que abandonamos a zona de forte pendente das Costas e O Parrachón. Pola banda de nacente extre- ma co chamado Camiño de Espedrás (no tramo que parte de Novelos), polo sueste coas casas do camiño das Pedrás que parte da estrada de Bembrive e co río das Barxas polo noroeste. A porción de territorio así definida, similar a un triángulo, está atravesada practicamente ao medio por unha derivación do que ata este punto era O río de Xalón e a partir da unión coa Regueira do Abade e O río de Novelos será O Río das Barxas . A desviación, porén, mantén o nome de O Rego de Pontecela. Recibe tamén este nome, e así consta nas escrituras, unha leira si- tuada un pouco máis arriba do terreo anterior, mesmo na curva que o camiño de Novelos fai antes de unirse á rúa de Mandín. Limita ao norte con esta curva e ao sur coa Regueira do Abade, cos Campos do Cocho polo leste, e cos da Garnacha polo oeste. É moi probable que, dada a súa proximidade, estes dous enclaves non sexan dous núcleos inde- pendentes aos que se lles puxo o mesmo nome, senón que son os dous redutos onde se conservou o nome que anteriormente correspondía a unha extensión máis grande. Posiblemente marquen o que aproxima- damente sería o extremo sueste e nordeste da Barxa. No Catastro de Ensenada aparecen propiedades con este nome ata en case vinte ocasións (a metade delas coa grafía Barja e outra metade como Barxa e practicamente todas antecedidas do artigo), asociadas na maioría dos casos ao Mosteiro, Os Freires ou Novelos, polo que corresponderían á zona que estamos tratando. No Libro de afanegados atopámola en catro ocasións como «A Barxa de Novelos». Barxiña, A Ao igual que en casos anteriores, o sufixo diminutivo tamén xera novos topónimos: así temos A Barxiña (Eifonso), terras fronte á Fonte da Sanxegueira, do outro lado do río de Eifonso, que corresponden, polo tanto, xa á parroquia de Beade. Recollido tamén como A Barxa, no Libro de afanegados aparece en tres ocasións «A Barxa de Eifonso» e figura unha delas como «A Barxa de Eifonso o Manguela». Na actua-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==