Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 46 se podería tratar doutro topónimo Pozos existente antigamente na pa- rroquia, aínda que podería ser un intento por castelanizar o topónimo O Pouso . No Libro de afanegados aparece unha propiedade chamada «monte da Fraga o Pozos» e outra «pinal da Castiñeira o Pozos», que tampouco se corresponderían co topónimo que coñecemos na actuali- dade. Malia que o topónimo adoita empregarse desprovisto de artigo, o feito de que haxa algún falante que aínda o conserva e que apareza na documentación antiga indícanos que a forma correcta sería Os Pozos . Na actualidade non destaca a presenza de pozos nin pochancos 20 na zona, nin tampouco estamos ante unha vagoada, senón que os cam- pos están situados nunha moi lixeira pendente de dirección norte–sur. Podería deberse o nome ao feito de ser un terreo con moita auga, con- dición que si se cumpre. A auga na terra Tal como apuntabamos na introdución, agrupamos aquí os topó- nimos derivados de termos que se refiren á presenza de auga na terra. Barxa, A Termo de orixe prerromana que fai referencia aos terreos situados nas marxes dun río que con frecuencia se inundan. Son terras fondas e húmidas, situadas nos tramos medio ou baixo de ríos e regos, onde a pendente xa escasa permite a existencia destas chairas facilmente asulagables . Barxa é en realidade unha variante fonética de barcia (e en portugués várzea, várgea ) , con orixe na raíz * war ‘auga’, polo que a grafía etimolóxica tanto do substantivo común como do topónimo sería varxa (con v– ), como o seu sinónimo varcia . Con todo, a forte tradición da escrita do topónimo con b– fixo que a propia Comisión de Toponimia de Galicia acepte esta forma, de xeito que no Nomenclátor 20 Pochanco (e pochanca ) é un vocábulo uso frecuente na parroquia, empregado para designar os pequenos depósitos de auga tanto creados de xeito intencionado como reservas, como é o caso que nos ocupa, como os formados pola acumulación natural de auga en fochancas do terreo. Malia que pochanco non está incluído no léxico normativo da Real Academia Galega , si o están outros vocábulos da mesma familia léxica como pucharca .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==