Toponimia do Val do Fragoso
45 A A u g a cos topónimos actuais, como «a Lagoa do Castañal» que se correspon- de coa Lagoa de Xestoso, situada na altura do Pozo do Gancho por riba das coutadas coñecidas como Os Castañales ou «A Agreira o Lagoa» que é a que atopamos no Outeiro. Pozos, Os Substantivo derivado do latín puteu ‘ buraco ’. Un pozo , ou goio , son as zonas do río en que as augas son tranquilas e profundas, aínda que tamén pode facer referencia ás perforacións verticais feitas no terreo para obter auga subterránea. En Bembrive son tamén pozos as peque- nas presas empregadas normalmente como depósitos de reserva de presas de maior entidade, como ocorre co Pozo do Gancho, acepción similar á recollida por Iván Sestay en Coia, onde un pozo «é tamén un pequeno encoro para reter as augas que despois se conducían por can- les ( presas en Coia) para regar as terras» (2008: 98). De todos os xeitos non podemos desbotar a posibilidade, cando esteamos ante un topóni- mo deste tipo, de que se trate dun orotopónimo que, por analoxía, pon de manifesto a existencia dunha depresión presente no terreo. Na Mouteira, Os Pozos son os campos situados á man esquerda entrando pola rúa de Mandín dende O Calvario. Aínda que esta sexa a localización que na actualidade se lle outorga a este topónimo, sa- bemos que os terreos situados a uns cento cincuenta metros do desvío para Mandín, continuando pola rúa coñecida como Subida á Mouteira, á man esquerda, teñen tamén o nome de Pozos recollido na escritura de propiedade. Polo tanto, o topónimo Os Pozos probablemente abran- guía unha superficie maior cá que se coñece na actualidade. Esta hipó- tese está reforzada polo feito de que no Catastro de Ensenada aparecen ata un total de dezasete propietarias e propietarios que teñen terras nos Pozos e que no testamento de D. Antonio Méndez de Gondar (–› Recaré), de 1635, a súa propiedade «Campos dos Pozos» chegaba ata a viña das Vesadas. No Catastro de Ensenada o topónimo aparece sempre coa forma «Pozos», agás nun caso onde o fai co artigo «O Pozo», dous en plural «Os Pozos» e un «O Campo dos Pozos». Aparece tamén «Pozo» como lugar de habitación, en concreto do veciño Gabriel Rodríguez. Porén, o feito de que todas as propiedades que posúe se atopen presumiblemen- te localizadas entre a zona do Pouso e Paio indúcenos a pensar que
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==