Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 44 diferentes, aínda que contiguas, podían ter sido no pasado empregados indistintamente. No monte do San Cibrán localízase A Lagoa, a continuación do Pou- lo Verde e antes da Xunqueira, ou, atendendo a localizadores actuais, son os terreos situados entre o Mercantil e o CUVI 19 , na man dereita da estrada das Plantas se nos diriximos cara a Zamáns. Tamén recollido como As Lagoas . A pequena chaira que estaba situada na Lagoa, xunto á Xunqueira, recibe o nome do Chan da Lagoa (O San Cibrán). Iván Sestay sitúa A Chan da Lagoa, na súa Toponimia do Campus de Vigo , exactamente na rotonda de entrada ao campus dende a estrada das Plantas, o que coincidiría coa localización recollida por nós. Coñécese como A Lagoa (ou, máis habitualmente As Lagoas ) en Xestoso as coutadas e antigos campos situados por riba das presas de Esparramán e A Veiga e que chegaban ata o camiño da Regueiriña. As Lagoas están atravesadas practicamente ao medio, en dirección E–O, polo Regato da Lagoa, que recollía as augas que baixaban das Lagoas Altas , que se localizan por riba das Lagoas, abranguendo o que agora é a autoestrada do Atlántico, ata chegar, polo leste, ao parque forestal de Bembrive. Había numerosas lagoas e nacentes, aproveitados na actualidade pola Comunidade de Augas de Xestoso para, xunto coas augas procedentes do Pozo Castiñeira, abastecerse de auga potable. Están situadas entre o Pé da Cerdeira ao norte e o Pozo Castiñeira ao sur. A abundancia do topónimo A Lagoa na parroquia de Bembrive non é un fenómeno recente, xa que no Catastro de Ensenada atopamos ata un total de quince propiedades así nomeadas, e máis do dobre no Libro de afanegados . Grazas a algunha das dobres denominacións que aparecen neste documento, sabemos que algúns deles son coincidentes 19 O topónimo CUVI, que xa está consolidado na toponimia urbana de Vigo, naceu como acrónimo de Colexio Universitario de Vigo , cando o campus universitario constituía un Colexio dependente da Universidade de Santiago. A raíz da creación da Universidade de Vigo desapareceu o antigo colexio universitario e o campus pasou a denominarse oficialmente Campus das Lagoas – Marcosende ( Marcosende é unha aldea de Zamáns inmediata ao campus, e As Lagoas é o plural secundario deste topónimo tradicional A Lagoa ). A pervivencia do nome CUVI, presente nas liñas de transporte público e na rotulación viaria, obrigou a reinterpretar o C- inicial do acrónimo, de orixinariamente representar Colexio pasou a representar Campus .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==