Toponimia do Val do Fragoso
43 A A u g a der ao que algunha informante coñecía como As Presas do Covelo (–> Covelo). Tamén localizamos Os Lagos no monte do San Cibrán, en concreto na zona situada entre A Casa de Augas e A Coutada das Señoras. Curio- samente non lembra a informante coñecedora deste topónimo a existen- cia de lagos nesta zona. En Xestoso, Os Lagos son tres ou catro pochan- cos localizados na Regueira do Rorigo, próximos á tamén desaparecida Fonte da Pexega, empregados igualmente para o empozado do liño. Lagoa, A / Lagoas, As Nos casos documentados no municipio de Vigo (Sestay 2008: 73) o topónimo Lagoa , procedente do latín lacuna , non adoita facer refe- rencia á presenza de lagoas propiamente ditas, senón que nos informa, como viamos no caso de Lago , de estarmos ante un terreo onde a auga é abundante. Así ocorre no caso de Bembrive, onde se emprega tamén o termo lagoeira para designar terreos moi húmidos. Este topónimo identifica os campos que se atopan fronte á baixada á fonte de Regueiriños, nas beiras do tramo final do rego que desembo- ca na presa do mesmo nome (A Presa de Regueiriños). Cara ao norte, chega ata a coñecida como "A Tenda da Benita", na esquina entre a rúa do Caballal e A Subida á Chan. Aínda que na actualidade xa non se atopan, algunha veciña lembra a presenza abondosa de xunco nestas terras, así como o cultivo do liño. Emprégase tamén o plural secundario As Lagoas. Na veciña Sárdoma, A Lagoa son as terras situadas na beira esquer- da do río de Eifonso dende O Muíño da Cova ata A Ponte de Moledo e un anaco máis do outro lado da estrada. Hoxe en día apenas algunha das leiras da Lagoa queda traballada e incluso nunha delas, contra o río, se construíu unha casa. As terras da Lagoa regábanse directamente coa auga do río, que se traía por unha levada ( lovada na fala local) que viña dende O Muíño da Cova. Son, polo tanto, as terras que quedan fronte aos campos do Muíño Vello de Bembrive. A Lagoa (O Outeiro) é o campo que atopamos aos pés da Fonte da Devesa ou Fonte do Cano, que estrema ao oeste coa Eira Vella e A Serra e ao norte co Barbón pero situado en altura respecto a eles. No Libro de afanegados de 1846 aparece en tres ocasións «A Agreira o La- goa», polo que estes dous topónimos que actualmente designan áreas
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==