Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 42 guinte definición ‘pequeno encoro onde se xunta a auga para regar; antigamente tamén se curtía nel o liño’, que resulta moito máis acaída para algúns dos Lagos que atopamos na parroquia. O topónimo Lago fai referencia tamén a terreos moi húmidos onde se formaban lagos ou lagoas temporais en tempos de moita chuvia. Á marxe disto, non podemos esquecer que Lago é un apelido moi frecuente en Vigo (ten un 0,839% de presenza, cando con máis dun 0,5% xa se considera apelido moi común nun concello), polo que nalgúns casos puido ser o apelido dun antigo propietario o que deu lugar ao topónimo. No barrio de Segade atopamos O Lago que abrangue o territorio situado na marxe esquerda da estrada que sobe dende A Pedra ata Se- gade de Arriba. Polo noroeste esténdese ata O Paso do Rei. A motiva- ción do seu nome ilústranola claramente unha veciña cando nos di que cando chovía, «aquilo era un lago». No Libro de afanegados aparecen varias propiedades co nome de «O Lago en Segade» o que nos amosa que no ano 1846 xa se consideraba este lugar pertencente ao barrio. O Camiño do Lago , atravesa O Lago en dirección N–S e une a estrada de Segade co camiño do Loureiro. Paralelo por baixo, vai O Camiño da Fonte do Lago (camiño sen saída) o cal marca a estrema ao leste do lu- gar da Chadiza, polo que é coñecido tamén como Camiño da Chadiza . Ao final deste camiño está a A Fonte do Lago e contigua a esta A Presa do Lago , ambas son coñecidas tamén como A Presa e A Fonte da Cha- diza (–> A Chadiza en «Os nomes das casas e lugares») por atoparse aos pés do seu lugar. Os Lagos (Mourelle) son un terreo que se estende dende O Muíño do Sorrego ata A Pedrosa e que a maioría de informantes consideran parte dos Sorregos. Era un terreo húmido onde proliferaba o poexo. É presumible que tamén aquí houbese algún lago empregado para o ma- cerado do liño, como si que temos a constancia que ocorría no Pouso e en Xestoso, posto que nos Sorregos tamén se cultivou esta planta. No Pouso, Os Lagos, parece facer referencia a dous lagos situados antigamente á man dereita por riba do cubo do Muíño do Pouso, onde se levaba a macerar o liño 18 , tendo especial coidado de ir retiralo cando o rego que os alimentaba levaba demasiada auga. Poderían correspon- 18 Segundo nos explicou unha informante, os lagos herdábanse (como ocorría cos dereitos nos muíños), de xeito que a cada quen lle correspondía un en particular. Quen non posuía ningún tiña que pedilo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==