Toponimia do Val do Fragoso
41 A A u g a conteñen’, aínda que faltaría aquí a referencia aos lagares de cera onde o prensado non era un froito, senón os favos castrados (isto é, unha vez feita a esmelga) das colmeas, para extraer deles a cera coa que facer candeas e exvotos. O termo lagar refírese tanto ao edificio onde se realiza a actividade como á propia prensa empregada no proceso extractivo, que sería a acepción á que se circunscribe Eladio Rodríguez no seu dicionario en que lemos ‘lagar: estanque onde se pisa a uva para espremer o mosto, que ten un picho por onde pasa o líquido ao pío , para botalo despois nas cubas’. Precisamente esta definición ten a clave que nos achega á orixe latina á que se remonta a palabra lagar : lacus ‘estanque; depósito de líquido’. Polo tanto, o topónimo Lagares pódenos indicar a presenza nalgún momento de lagares na zona así no- meada, pero o máis probable é que se trate dun hidrotopónimo que nos informa de estarmos ante un terreo que se enchoupaba habitualmente. Para chegar a Lagares (Segade) hai que dirixirse pola avenida de Madrid cara ao Porriño, uns cento cincuenta metros antes de chegar á ponte da rúa de Recaré, estaremos sobre o que antes da construción da avenida eran as viñas e espalleres de Lagares, das que aínda queda unha presenza testemuñal nunha escasa franxa a unha beira e outra do asfal- to. Para acceder ás terras de Lagares da marxe esquerda debemos facelo dende O Lavadouro de Segade, mentres que as da dereita se atopan de- trás das dúas últimas casas da marxe esquerda do ramal cortado da rúa de Recaré que baixa cara á avenida de Madrid. Curiosamente, non era un lugar en que a veciñanza lembre unha salientable presenza de auga. Cabe destacar o feito de que este topónimo Lagares apareza ata máis de dez veces no Libro de afanegados designando tanto terras de labradío como viñas, mentres no Catastro de Ensenada non se recollía nin unha soa vez. Isto parece indicar a súa posible aparición entre os anos 1745 e 1846, ou ben a apropiación nesa época dos terreos así nomeados, posto que no catastro só se recollían as propiedades privadas. Lago, O / Lagos, Os Termo procedente igualmente do latín LACUS ‘estanque’. Aínda que o seu significado habitual é o de ‘masa considerable de auga, de maior ou menor profundidade, rodeada de terra e non comunicada directamente co mar’, no vocabulario de Rivas (1978) atopamos a se-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==