Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 40 Mina, saír entre coutadas á rúa da Viña Grande, uns metros máis abaixo da Buraca de Miraflores. Por debaixo da Coutada Grande da Mandada, atopamos A Fonte da Mina, de fronte ao saír dende o camiño da Devesa ao da Mandada. Nos Chans, concretamente na Fragata estaba A Presa da Mina. Ao oeste do lugar de Fionde localizamos tamén A Presa da Mina, nome que recibe porque, aínda que por ela pasaba o rego de Fionde, alimentábase das augas dunha mina que nacía alí. É complicado atopa- la hoxe, xa que quedaría na marxe dereita do ramal da estrada de Bem- brive que vai á rotonda do Toutizo dende os Troncales, posiblemente no fondal onde agora medran numerosos salgueiros e outra vexetación propia de zonas húmidas e ribeiras. Anexa á fonte da Mina hai unha presa rectangular tamén chamada A Presa da Mina. Chama a atención, fronte á gran presenza que o topónimo mina ten na actualidade na parroquia, a súa ausencia nas fontes documentais, o que nos leva a pensar que é, en todos os casos que rexistramos, un topónimo de recente aparición que conta con menos de dous séculos de vida. Mineiriñas, As / Miñeiriñas, As Diminutivo de mineira . Podería tratarse de ‘A da Mina’ ou ‘A do Mineiro’. No primeiro caso faría referencia a unha propiedade que dis- pón dunha mina e no segundo ao alcume do propietario, que tería por oficio, el ou un antepasado, o de mineiro. No noso contexto enténdese por tal o que abre minas de auga. Son os terreos a monte entre o sendei- ro do Eifonso e a rúa do San Cibrán. Subindo polo sendeiro, atópanse a uns 200 m antes de chegar ao torreiro da capela. A s augas paradas Neste caso atoparemos os topónimos que etimoloxicamente no- mean masas de auga non correntes. Lagares Coñecemos como lagar o ‘lugar preparado para prensar certos froi- tos como uvas, mazás ou olivas, co fin de que solten o líquido que
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==