Toponimia do Val do Fragoso
39 A A u g a coutada escriturada como Candea Mina Trasera . Non semella ser un topónimo tradicional, senón máis ben unha denominación administra- tiva, xa que non é habitual unha aposición de dous substantivos sen nexo. O mesmo ocorrería co antedito topónimo Candea Mina Trasera. Fai referencia, entendemos, á presenza dunha mina, entendida como ‘conduto artificial subterráneo’ (Eladio Rodríguez: Diccionario enciclopédico gallego–castellano, 1958–1961, en DdD , s.v.), que real- mente existe e ten a súa entrada precisamente nesta coutada, a carón da cal hai outra chamada O Crasto da Mina . Hoxe en día xa non se pode acceder a el, pero veciñas e veciños que agora contan con se- senta anos ou mesmo outros máis novos, de corenta, relatan como de pequenos tiñan entrado a exploralo, chegando a percorrelo ata saír, dinnos, na parte alta do castro. Descoñecemos a súa orixe, pero grazas á memoria popular si que sabemos que foi empregado polos escapados como agocho e posiblemente vía de comunicación durante a súa loita pola supervivencia na posguerra. Lembra unha veciña de sesenta e cin- co anos que tiña entrado nela e como seu pai contaba que dentro da mina «había unha cobra que cantaba». Debemos destacar a rendibilidade do termo mina en topónimos en que actúa como modificador: O Campo da Mina (Mourelle), campo por riba da casa situada no comezo da curva en forma de U que des- cribe a estrada de Bembrive ao cruzar o río de Eifonso camiño a Beade, onde había unha mina debaixo dunha viña. En Xestoso localizamos: O Castro da Mina , coutada a carón da de- nominada, nas escrituras «Candea Mina»; A Finca da Mina (en galego debería ser leira ou terreo , en vez do castelanismo finca ) é unha couta- da situada por riba da Pexega onde tamén había unha mina de auga. A Finca da Mina , lugar próximo ao anterior, situado pola parte de arriba da rotonda da estrada das Plantas onde enlaza a subida cara ao Rebu- llón. Alí antigamente, por riba do que agora é a rotonda, había tamén unha mina. Subindo pola Miragaia, antes de chegar á pista das Valadiñas, na Fonte Seca de Arriba, está O Pozo da Mina, lugar onde se atopa un dos depósitos de auga que abastece a comunidade de augas do San Cibrán. Antigamente había unha mina encaixada entre dous valados e a auga que nacía aquí baixaba polo monte da Fonte Seca abaixo. O Camiño da Mina parte da subida a Miraflores, un pouco máis arri- ba do camiño das Cavadiñas, para, logo de deixar o núcleo de casas da
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==