Toponimia do Val do Fragoso
405 A n e x o I I dous días ao Outeiro (luns e martes) 117 . Na semana seguinte viña a abaixo martes e mércores: martes ao Outeiro (polo que lle viña tocando aos oito días) e mércores á Fandiña e O Rapadouro. Na seguinte viña mércores e xoves, entón o mércores (que fan oito días) volvía ser da Fandiña e do Rapadouro, e do Outeiro o xoves. Logo tocaba a quenda grande, de xeito que na seguinte semana só tiña auga O Outeiro (xo- ves e venres) e A Fandiña quedaba sen auga durante dezaoito días. Na seguinte semana baixa venres e sábado: venres ao Outeiro e sábado á Fandiña e O Rapadouro e de alí a oito días, outra vez A Fandiña e O Rapadouro, e o domingo O Outeiro. Deste xeito, unha leira na Fandiña tiña a primeira quenda, e outra aos oito días, logo estaba sen auga durante dezaoito días e volvía ter dúas quendas seguidas aos oito días (en sábado) «e a última xa case era en setembro e normalmente xa non se regaba, porque non se quería máis auga para o millo». Cando a unha propiedade lle ía tocar a auga había que preparala, facendo os regos entre leira e leira (tres ou catro carreiros) de millo. Cando a auga chegaba, íanse facendo entallas no rego, para que a auga entrase nas leiras. Unha vez rematada a quenda tapábase antoleira , é dicir, a entrada dende o rego xeral ao campo, deixando que a auga circulase cara outras terras. Cando se regaba dalgunha presa que compartía o rego de saída co propio rego polo que baixaba a auga de Pontecela, como é o caso da presa da Mina, da que tamén regaba A Fandiña, había que facer unha marca cun pau no rego antes de abrir a presa para saber canta auga baixaba de Pontecela e consumir só a que baixaba a maiores dende a presa, para non deixar a ninguén sen a auga que lle correspondía na súa quenda. Como vemos, o da distribución das augas é un sistema realmente complexo e un exemplo de autoorganización na distribución de recur- sos que merece a pena ser estudado en profundidade. 117 O resto da semana a auga ía ao outros lugares que regaban tamén con ela: O Lugar de Arriba, A Carrexona, Regheiriños, Larín, As Castiñeiras, Os Freires etc.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==