Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 404 ata chegar ao San Cibrán, onde se levantou entón a capela sen máis contratempos. -Ditos e refráns e coplas *Cando vai co gando, espicha a vara e baila o tango. *Nunha noite me colleron nunha fiada de lan. Nunha noite me colleron, noutra non me collerán. *Entre Santos e Natal // ou ben chover ou ben nevar. Por Santa Lucía, tan grande é a noite como o día. Do vinteún 114 en adiante, cada día, un paso de galiña. Vén o primeiro de xaneiro e salta o carneiro 115 . -Cantigas Hai un baile no Mosteiro, que co naboeiro, non se mira o sol. Si cortaras a perrera, cochina marrana, érache mellor. A perrera non a corto porque non me dá na gana mentres os homes non quiten o pantalón de campana. -As quendas de rego: Como exemplo, transcribimos as quendas do Rego de Pontecela correspondentes ao barrio de Outeiro, tal como as recorda unha veciña da Cruz. Hai que ter en conta que coas augas de Pontecela se regaba gran parte das terras de labor da parroquia, co- ñecendo cada veciña e veciño as horas que lle correspondían ás súas leiras, información que se transmitía en xeral oralmente de xeración en xeración. Deste xeito, poucas persoas había que coñecesen o sistema completo do rego. De feito, parece ser que a última foi un home morto xa hai uns anos. Por isto, podemos considerar unha auténtica xoia a información que tivemos a sorte de recuperar, aínda que sexa parcial.. A auga púñase en quenda no mes de xuño e remataban en todo caso o oito de setembro. Íase limpar un sábado e o luns empezaba 116 : 114 De decembro. 115 Os días fanse máis grandes. 116 No caso de poñerse en quenda o domingo, ía a Regueiriños antes de vir para O Outeiro.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==