Toponimia do Val do Fragoso

403 A n e x o I I En Bembrive, fálase da presenza de mouros na mámoa que agora se atopa na entrada do recinto do Mercantil, coñecida de feito como A Pedra dos Mouros. No castro de Xestoso había tamén unha moura, así como unha cóbrega que cantaba na mina, ou que saía ao abrirse unha gran pedra cando se lía un libro ás doce da noite. Posiblemen- te cóbrega e a moura fosen as dúas formas dun mesmo ser, e isto son os pequenos anacos que quedan na actualidade dunha lenda seguramente máis longa e elaborada. Tamén había unha moura na Pedra da Moura, nas Pereiriñas (A Bou- zafría), da que se di que «saía a botar o ouro a sollar». -Os encantos : * Cando uns pais tiñan unha filla que andaba cun mozo que non lles gustaba, as máis das veces porque era pobre e eles ricos, encantá- bana. Metíana debaixo dunha pedra grande e plana e dicían «cando esta pedra dea liño e o liño dea pano, sairás do teu empantano». Nunha ocasión, un mozo escoitou isto e decidiu facer algo. Come- zou a botar terra enriba da pedra, botou o liño, regouno, e cando medrou cultivouno e fixo pano. Entón, a rapariga saíu. *Houbo outra moza á que encantaron en cóbrega. Para desfacerse do meigallo, a cóbrega tiña que subir polo mozo e darlle un bico na boca, coa condición de que el non podía dicir nada. Pero cando a cóbrega lle estaba subindo polo corpo, o rapaz asustouse e dixo «ai!, dios mío !», e ela dixo: «dobráchesme o encanto!». Agora, en vez de dez anos de encanto serían vinte. -O Ciprianillo Había unha nena no san Cibrán que tiña xa catro anos pero non an- daba. Un día, unha muller chegou á casa a pedir e mirou a nena que non andaba e dixo «voulle ler o libro de San Ciprián». Uns quince días despois, a nena empezou a andar, e cando a muller volveu por alí e mirou que xa andaba, dixo que era porque lle lera o libro. -Lendas de fundación de capelas: a capela do San Cibrán. Dise que A Capela do San Cibrán estaba previsto facela inicialmente na Pedreira, pero que cada vez que levantaban as paredes de terra, ao día seguinte estaban no chan. Entón os veciños dixeron: «aquí non se pode facer, traeremos os bois, cargamos as pedras e botámolos a andar, e onde paren, faise a capela». E os bois botaron a andar e non pararon

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==