Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 402 * Un home atopou nunha ocasión un canoto e pensou levalo para a casa. Pesaba moito, pero como estaba moi seco, levouno igual- mente. Ao chegar a casa tirou alí con el, e ao tiralo dixo «ai!, dios mío !» porque pesaba moito, pero ao dicilo, o cañoto desfíxose en auga. * Estaba unha vez unha muller soa no muíño, xa que o seu home marchara a buscar a auga. Entón, entrou un home cunha chea de lesmas espichadas nun pau e díxolle «que queiras que non, halas de comer» e ela dixo «ai!, alabado sexa dios se este home non viñera!» e desapareceu todo. *A avoa de Maruja, veciña do Paso, foi nunha ocasión ao muíño, posiblemente o do Buraco ou o da Bouzafría, xunto cunha veciña e seu irmán. Ao saír do muíño atoparon un año pequeniño a saltar e tentárono coller. Ao final conseguiron collelo, pero cando viñan andando de volta con el no lombo, desapareceulles e levaron unha molladura. *Noutra ocasión, a avoa viña andando e mirou un cañoto nun va- lado. Colleuno e foi para a casa. Ao chegar ao lugar da casa (nas Casas Vellas) pousouno e desapareceulle. Era o Tardo o que facía que desaparecese. Ademais do Tardo, figura mitolóxica dedicada a facer falcatruadas, normalmente relacionadas coa desaparición de obxectos ou a súa trans- formación en auga, circulaban pola parroquia de Bembrive, como por outras do rural vigués, outras figuras como os boticarios . Neste caso, eran seres empregados para asustar as nenas e os nenos, dicíndolles que se se afastaban, ou ían a certos lugares, colleríanos os boticarios para quitarlles o sangue. E, por suposto, percorría tamén os camiños a Santa Compaña . Dise que se ao cruzarse con ela viña formando parte da comitiva un parente, deixábante ir, pero senón, levábate con ela. -As mouras: As mouras son outros dos seres sempre presentes na nosa mitoloxía, normalmente asociadas a castros, mámoas, pedras destacadas, ou ríos. Son mulleres fermosas, de cabelos dourados, e que en moitos casos ofrecen ouro e tesouros a quen rompa o meigallo baixo o que se atopan. Tamén os mouros, seres igualmente mitolóxicos e con- siderados os nosos antepasados, adoitan aparecer relacionados con monumentos megalíticos.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==