Toponimia do Val do Fragoso
401 A n e x o I I Ademais dos alcumes, durante a realización deste traballo recolle- mos outros elementos pertencentes ao noso patrimonio cultural inmate- rial como lendas, refráns ou cantigas, que presentamos a continuación. Posto que non era o obxectivo do traballo, o número de elementos recollidos foi moi pequeno, pero é unha mostra da riqueza do patrimo- nio oral que podemos atopar na parroquia e que, agardamos, sirva para valorizalo e profundar na súa recuperación. Igualmente dentro do patrimonio inmaterial atopamos os coñece- mentos creados colectivamente e transmitidos ao longo do tempo so- bre oficios, labores, cultivos ou usos e costumes. Entre eles queremos destacar, pola importancia que en Bembrive ten a auga, as quendas de rego; un sistema de reparto das augas dispoñibles extremadamente elaborado e complexo, aplicado tanto ás augas procedentes das presas como dos grandes regos, e similar ao empregado para asignar as horas de moenda nos muíños. -Contos sobre o Tardo: Como exemplo, transcribimos as quendas do Rego de Pontecela correspondentes ao barrio de Outeiro, tal como as recorda unha veciña da Cruz. Hai que ter en conta que coas augas de Pontecela se regaba gran parte das terras de labor da parroquia, co- ñecendo cada veciña e veciño as horas que lle correspondían ás súas leiras, información que se transmitía en xeral oralmente de xeración en xeración. Deste xeito, poucas persoas había que coñecesen o sistema completo do rego. De feito, parece ser que a última foi un home morto xa hai uns anos. Por isto, podemos considerar unha auténtica xoia a información que tivemos a sorte de recuperar, aínda que sexa parcial: Anexo II: Outros Elementos do Patrimonio Inmaterial 11
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==