Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 38 Fontiña, A Mais tamén atopamos topónimos co diminutivo de fonte como A Fontiña situada por debaixo do lugar da Ferrolana, no monte da Pe- drosa, punto onde se atopa unha das tomas de auga que abastecen a comunidade de augas de Mourelle. A Fontiña , pequena fochanca que había en Segade, por debaixo do lugar do Rancheiro. E A Presa da Fon- tiña (Baruxáns), presa terreña situada ao norte das Trigueiras, situada ao final do camiño que sae á man esquerda da rúa de Xeme (en dirección a Eifonso), uns corenta metros antes de chegar á curva da que parte o camiño que baixa ao Muíño de Xeme. Mina, A Do latín mina . A súa principal acepción na fala local é a de ‘galería escavada para a extracción de auga’. A diferenza dos nacentes, onde a auga aflora de xeito natural, as minas son resultado da actividade hu- mana, de minar ou escarvar o terreo para conducir a auga subterránea ata o sitio onde se vaia empregar. Nalgúns casos pode facer referencia tan só á existencia dunha galería orixinada ou aberta por outros moti- vos. Localizamos varios lugares designados como A Mina: Na Mandada chámaselle así aos arredores da fonte e á presa do mesmo nome; En Miraflores reciben este nome as casas e terras situadas por debaixo do camiño da Mina, entrando dende a Subida a Miraflores. No ramal da rúa de Recaré que non ten saída, atopamos A Mina ao final do camiño, chegando ao valado que nos separa da Avenida de Madrid, á man dereita, fronte á do Galo. Esta galería ten unha altura que permitía entrar nela de pé, como así facían as mulleres que ían lavar alí. Polo camiño das Valadiñas dende O Galleiro cara ao San Cibrán, escasos metros antes de chegar á ponte pola que cruzamos a autoes- trada do Val Miñor, temos á man esquerda A Mina, onde realmente se atopa unha mina dende a cal baixa a auga ao coñecido como O Pozo da Mina. Candea Mina é o nome que recibe nas escrituras unha coutada si- tuada na aba oeste do Crasto de Xestoso, por riba do camiño da Candea e uns metros máis adiante da Candea Grande. Por riba dela había outra
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==