Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 36 Fonte, A É o nome común, procedente do latín fonte , que designa o lugar onde mana auga ou ben a construción feita para encanala. No latín clásico era unha palabra de xénero masculino que pasa, a partir do século iv , a xénero feminino, tal como a coñecemos na actualidade. Aparece tanto en solitario (A Fonte) como actuando como modificador (O Cocho da Fonte, Os Campos da Fonte) ou modificada por adxectivo (A Fonte Seca) ou complemento preposicional (A Fonte do Seixo). A Fonte (A Bouzafría) é unha tira de terreo por riba da fonte e O Lavadouro da Bouzafría. Na Chan, co topónimo A Fonte identifícase unha leira onde está A Fonte da Xabalouca, ademais recollemos O Co- cho da Fonte, tamén chamados Os Campos da Fonte, un conxunto de campos pequenos ao redor da fonte, por riba das Cunchadas, a carón da presa do Cocho da Fonte responsable, polo tanto, de darlles nome. O Muíño do Cocho da Fonte foi recollido por un veciño de Paio da súa sogra, pertencente a unha familia moi arraigada no lugar, mais o nome é ignorado polo común da veciñanza, que o coñece como O Muíño de Paio de Arriba (–> Paio). Non puidemos localizar exactamen- te a leira que levaría o nome de O Cocho da Fonte , pero unha veciña si situaba este topónimo preto de Sospalleiros, que está poucos metros arriba do muíño. No Catastro de Ensenada, a primeira propiedade con- signada de Lorenzo Gómez, veciño de Paio, e dedicada a horta, levaba xa este nome. Na actualidade está abandonado, cuberto pola vexeta- ción e en perigo de derrubamento, aínda que as paredes se manteñen polo de agora en pé. En Xestoso, no estremo sueste do Suco hai situada unha pequena presa, A Presa do Cocho da Fonte , que dá acceso tamén ao Suco. Nela verte as augas a coñecida como A Fonte da Jesusa (–> Jesusa). Nesta zona tamén recollemos Os Campos da Fonte, conxunto de leiras aos pés da Fonte da Monzona. Tanto o topónimo O Cocho da Fonte como Campo da Fonte aparecen no Catastro de Ensenada , posiblemente o primeiro correspondía ao de Xestoso.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==