Toponimia do Val do Fragoso

35 A A u g a pietario) que despues de recogidas en el registro nº 27 y llevadas por tubería de hierro hasta el cruce con el camino de Fraga son allí echadas al cauce natural. As minas atópanse case na estrema coa parroquia de Beade, por debaixo do seu parque forestal. Bibidouros Fontaíña, A Termo procede de fontanina , diminutivo de fontana que á súa vez deriva igualmente de fonte . O topónimo atópase no barrio do Lameiro da veciña parroquia de Sárdoma. Unha vez cruzamos a avenida de Madrid dirixíndonos de Bembrive cara a Moledo, quedaranos á man dereita o Seminario e á esquerda A Fontaíña, rodeada, polo tanto, pola estrada do Lameiro na súa cara norte e oeste, e testando coa avenida de Madrid polo leste. Por aquí baixaban as augas que viñan da Fonte da Xaloeira, situada aos pés do lugar do mesmo nome, que queda na Torre pero por debaixo do ca- miño do Toutizo, pertencente xa á parroquia de Sárdoma. Na fala recó- llese tamén a forma A Fonteíña debido a que o – i – tónico pecha a vogal da sílaba anterior, como ocorre en cociña / cuciña ou fociño / fuciño .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==