Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 34 onde se cruza. O Río do Xalón é o nome que toma o rego de Pontecela ao seu paso polo Xalón e que uns metros máis arriba da Presa do Xalón, forma unha pequena pero fermosa fervenza. O topónimo aparece no Catastro de Ensenada coas formas «O Jalon» (con categoría de «lugar de habitación»), «Chalon», «Xalon» e «Jalon», grafía esta última coa que o atopamos no Libro de afanegados en que figura ademais as deno- minacións «jalon do regueiro», «a beiga en jalon» e «pumar en jalon», que nos dan conta dos antigos usos do terreo. O s mananciais Topónimos relacionados con nacementos de auga. Bibidouros, Os Mananciais dos Alteración de bebedouro ( bebedoiro na forma estándar). Deriva do latín bibitoriu ‘lugar onde abebera o gando’. A solución – ouro para o latín – orium é propia de todo o territorio tudense e tamén de todo o portugués. Revisando o Nomenclátor, podemos atopar en Gondomar e Tui O Rapadouro , en Tomiño O Rexidouro , en Coruxo Breadouro , en Redondela Pazo do Pousadouro, etc. Os Mananciais dos Bibidouros (O San Cibrán) é un topónimo que xa non está vivo na actualidade, pero resulta de sumo interese reco- llelo aquí, posto que este era o nome orixinal do que actualmente se coñecen como As Minas de Champinter, Champintel ou Champintiel (–> Champinter). Atopamos este topónimo no fragmento que a conti- nuación reproducimos, extraído do informe realizado polo enxeñeiro Eduardo Cabello relativo ás obras para o abastecemento de augas da cidade de Vigo no ano 1914 17 : Este aspecto ofrecen las laderas del cauce denominado «Coutada de Señoras» y las del en que ademas de sus aguas propias se vierten las de los dos manatiales de Vividouros (llamados también de Charpentier; apellido de su anterior pro- 17 Resulta ser un informe moi crítico, que pon de manifesto numerosas irregularidades tanto no proceso de captación das augas nos manaciais de Bembrive como no seu transporte e conclúe, en relación á calidade da auga que estaba chegando á cidade de Vigo, que «las aguas que se suministran en la actualidad no son de manatiales ni potables».

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==