Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 356 explicarse a partir do uso dese composto como sobrenome persoal. O sobrenome quizais lle foi aplicado a alguén que usaba esa expresión, dado que o adxectivo louco non é usual na fala local (úsase tolo ), sería alguén que tiña louco na súa fala, talvez orixinario da provincia de Ourense ou ben de Portugal. Non aparece no Catastro de Ensenada nin en Afanegados , polo que debeu nacer na segunda metade do século xix ou xa no xx . Pronúnciase habitualmente co peche da vocal pretónica, A Xabe- louca . A Xabalouca é unha zona situada por riba de A Fonte da Xabalouca , por onde na actualidade discorre a rúa da Chan. A veciñanza lémbrao como un lugar con gran cantidade de auga, o que facía moi difícil transitar polo angosto camiño que había. A citada fonte localízase uns oitenta metros máis adiante do camiño do Preiro en dirección ao San Cibrán. Pódese chegar tamén a ela subindo polo camiño das Cuncha- das que dá acceso ás presas, aínda que os últimos metros, a existencia do peche dun terreo que invade o camiño, dificulta o acceso. É posible que o nome lle fose dado á fonte polo lugar onde se atopa e non á in- versa, posto que veciños moi próximos a ela a coñeceron na súa nenez como a fonte da Chan.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==