Toponimia do Val do Fragoso
355 O T o p ó n i m o s d e d i f í c i l c l a s i f i c a c i ó n ña , camiño terreño no interior das Remesiñas, discorre por debaixo do Coto e sobe cara á rúa da Chan, tramo este último asfaltado. Ao outro lado da estrada continúa como camiño para ir unirse co da Candea. Seiróns É tamén topónimo escuro. En Gondomar hai unha aldea Seidóns. Quizais son a mesma cousa; talvez un derivado de saído , como sinóni- mo de eixido ( enxido ). No Catastro de Ensenada de Bembrive aparece «Zeidones» «Seidones» e «Seidons» e no Libro de afanegados hai un par de «Seirón», pero aparece tamén un veciño con dúas propiedades: «Seirón» e »Seidones». Non hai certeza, polo tanto, de que estes Seirón e Seidones sexan o mesmo, pero como na fala actual é Seiróns, todo indica que a alteración é antiga. Núcleo de vivendas e campos en Segade, que se atopan por de- baixo do camiño chamado de Ceiróns, e que debería ser O Camiño de Seiróns , (antes de chegar á praza da Parrocha) ata testar coa Revol- ta. Esténdense dende a rúa Parrocha ao leste ata a avenida de Madrid por poñente. Nos campos de Seiróns botábase o trigo, e tamén millo, patacas ou centeo. Eran terras secas, que se regaban coa auga proce- dente da presa cuxa auga viña dunha mina de Puxeiros, auga coa que tamén regaba o Gorxal de Cabral. O Penedo de Seiróns era un penedo de gran tamaño que se desfixo «a tiros», segundo a expresión local, para construír a vivenda que agora ocupa o seu lugar. Estaba situado a uns cincuenta metros do final do camiño de Seiróns, baixando xa pola Subida ao Penedo, á man dereita. É esta unha zona de grandes rochas expostas, polo que hai quen o inclúe xa dentro da zona coñecida como O Penedo onde se atopa, ladeira abaixo, o colexio Montecastelo. Xabalouca, A Topónimo escuro, aparentemente un composto cun segundo ele- mento que sería o adxectivo louca ‘tola, demente’. O primeiro posible- mente experimentou alteracións fonéticas que non permiten identifica- lo. Podería ser un nome persoal feminino (Sabel, Sabela) ou un subs- tantivo común (quizais xouba, onde o ditongo – ou – se vería alterado en – a – por disimilación co outro – ou – da sílaba seguinte). Se a orixe fose unha forma «Xouba louca», a súa presenza na toponimia podería
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==