Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 354 situado na Franxa (no monte do San Cibrán), que non localizamos na actualidade, como tampouco A Millada , que é posible que estivese pola zona da Remesiña, topónimo ao que aparece asociado en varias ocasións. Palancha, A Podería tratarse da contracción dos termos dun topónimo Pala An- cha que faría referencia á presenza dunha pala de certa extensión ( an- cha < latín ampla ). Pala é unha palabra de orixe prerromana, procedente de * palla , que designa unha pedra plana que sobresae, formando unha pequena cova, e permite acubillarse baixo ela. Na parroquia localizamos dous terreos con este nome: un en Paio, cuberto agora de carballos, que dá ao camiño do mesmo nome; e outro situado fronte aos Pumares, ao outro lado da rúa de Xestoso. Este estre- ma ao sur co Rego do Torto que o separa do Pumar e ao oeste co Cochi- ño. Pola Palancha baixaba auga da presa de Casaldares para regar lei- ras nas Figueiras, no Piñeiro e dúas na Regada. Atopamos o topónimo, xa coa forma «A Palancha», en dúas ocasións no Catastro de Ensenada , como dúas propiedades do mesmo posuidor, Rafael Campos, veciño do Paso e polo menos media ducia de veces no Libro de afanegados , sempre como propiedade de veciñas ou veciños de Xestoso, O Pouso ou A Fraga. Remesiña, A Topónimo escuro. Talvez contén un diminutivo de remesa ‘conxun- to de obxectos ou mercadorías que se envían ou reciben dunha vez’ segundo o dicionario da Academia. É a ladeira arborada, fundamentalmente con piñeiros, e de forte pendente que temos por riba dos Ameales e que dá paso, cara ao leste, á Chan. Esténdese dende A Mandada, ao norte, ata As Casas Vellas, ao sur. O seu pico máis alto é O Coto da Chan, con douscentos trinta e dous metros sobre o nivel do mar. Emprégase maioritariamente o sin- gular A Remesiña, aínda que, debido á súa extensión, acolle numerosas coutadas, polo que tamén é frecuente o plural As Remesiñas . Aparece no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados como «Remisiña», e no primeiro caso alternando con «Remiciña». O Camiño da Remesi-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==